Nesta asemblea acordamos dirixirnos por escrito ao goberno municipal solicitando mellorar o proxecto, nos seguintes aspectos:
As obras do proxecto da Vía Verde comezaron o 14 de febreiro de 2019 e anunciábase que a obra estaría rematada nun prazo máximo de seis meses, a realidade que só se executou un tramo de 400 metros inaugurado en agosto de 2019.
O goberno municipal de Vigo, non explicou cales son os motivos para a paralización do proxecto desde hai meses e porque a empresa renuncia ao proxecto, o cal xa fóra modificando ao longo do desenvolvemento das obras. Desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos ao goberno municipal que explique os motivos desta paralización.
A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Concellaría de Fomento, en varias ocasións ao longo de 2019, solicitando a mellora do proxecto, coa ampliación do paso inferior no camiño da Xorxa e a construción de un aceso para comunicar a vía verde coa avenida de Galiza e coa fonte das Catro Pontes.
A realización da Vía verde é unha oportunidade para mellorar os acesos nos camiños da Xorxa ampliando os pasos inferiores destas vías, que son moi estreitos.
Tamén solicitamos aumentar os acesos a vía verde, concretamente no tramo final, coa construción dun aceso nunha das marxes, que comunicará a vía verde co lavadoiro e a avenida de Galiza e coa fonte das Catro Pontes ou dos Namorados, no río Pugariño.
A Asociación Veciñal de Teis, tamén solicitamos no mes de febreiro unha xuntanza co Concelleiro de Fomento de 2019, sen recibir ningunha resposta até o de agora.
Estas propostas da Asociación Veciñal de Teis, permitirían mellorar os acesos en varios lugares e por en valor o patrimonio natural e etnográfico do río Pugariño.
Despois dun ano non se executou o proxecto da Vía Verde, as obras están paralizadas e polo tanto estamos a tempo de poder mellorar o proxecto, ao ter que adxudicarse a obra a outra empresa.
Comentarios