MAREA DE VIGO CONSIDERA UN AGRAVIO PROVOCADO POLA DEIXADEZ DA XUNTA DE GALICIA QUE OS RAPACES CON AXUDA DE COMEDOR ESCOLAR DEPENDENTES DO CONCELLO DE VIGO XA TEÑAN AXUDA DIRECTA DO CONCELLO E A XUNTA AÍNDA NON FIXERA O ANÁLOGO COS COMEDORES DEPENDENTES

|

Marea de Vigo considera acertada a proposta do Concello de ingresar 50 euros ás familias que teñen becas comedor con maior necesidade pero sigue sen entender como os comedores que dependen da Xunta de Galicia dos Centros Escolares siguen sen ter unha medida análoga por parte da institución autonómica.

Para Marea de Vigo os CEIP de Vigo son todos iguais e o modelo de xestión do comedor escolar non pode ser motivo de discriminación e menos na situación actual polo que pide á Xunta de Galicia que a celeridade coa que traballou en recolocar na administración autonómica aos seus militantes que iban en listas electorais para o proceso electoral autonómico “a aplique” a igualar cando menos a medida tomada polo Concello de Vigo e deixe de “procastrinar e botar balóns fóra”.

Trátase, según Oriana Méndez, Concelleira de Marea de Vigo, de garantir que moitos menos e nenas da cidade teñan garantida unha comida quente e equilibrada que tiñan garantida durante o curso escolar.

Comentarios