El gobierno municipal acusa al PP de Vigo de hacer política destructiva con el caso de los policías

|

Respecto das últimas declaracións do Partido Popular sobre a xestión municipal contra o coronavirus, hai que dicir que o PP se equivoca, calumnia e minte. Tal e como comprobaron desde a xefatura da propia Policía Local, non é certo que un axente local durmira nun coche, fíxoo na súa casa, unha vez recibidas indicacións do servizo médico do Concello e hoxe está desenvolvendo o seu servizo con normalidade. En canto ao material de protección, o PP volve mentir e calumniar xa que a Policía Local conta con material segundo os protocolos de seguridade específicos, adquirido polo goberno municipal. O material que recibiu o Concello a través de doazóns particulares (guantes, xel e máscaras) foi destinado á residencia de maiores de Barreiro por indicación da Xunta de Galicia. Neste punto, hai que destacar que o as máscaras quirúrxicas que enviou a Xunta están caducadas desde o ano 2014 (04/09/2014) e o resto do material, como os buzos, non cumpren -ou a lo menos non teñen identificación -fronte a contaminantes biolóxicos. Respecto da desinfección dos vehículos, realízase diariamente de luns a venres, en horario de 6,45 h -a vehículos - e ás 10,30 h, a vestiarios, aseos, garita, zonas comúns e perímetros de toda a Xefatura -desde a entrada do garaxe de funcionarios ata a porta principal do Concello-. O tratamento preventivo de desinfección en vehículos é combinado entre a nebulización e a pulverización, unha técnica efectiva ao 99% durante 72 horas. Os axentes levan en todo momento os EPIS de protección teñen activo un protocolo de seguridade. Por tanto, unha vez máis o PP fai política destrutiva nun momento tan difícil como o que estamos a vivir. Calumniando e faltando á verdade en temas tan sensibles e preocupantes para toda a cidadanía.

Comentarios