MAREA DE VIGO EXIGE QUE NO SE PAGUEN INDEMNIZACIONES A Las CONCESIONARIAS QUE HICIERON ERTES INJUSTIFICADOS YA QUE SUPONDRÍAN UN BENEFICIO EXTRA E INDEBIDO PARA CIERTAS EMPRESAS A BASE DE DINERO PÚBLICOS.

|

Marea de Vigo pon coma exemplo VITRASA, empresa que xa recibe do concello anulamente 1.300.000 euros polos billetes de transferencia e os billetes ao CUVI, e 11.300.000 en concepto de bono buses, tarxeta verde e políticas de transporte, alén do aproximadamente millón de euros da subvención estatal ao transporte público das cidades de máis de 50.000 habitantes. Na conta xeral do concello figura que o servizo lle custa explotalo a AVANZA 24 millóns (datos da última vez que se fixeron públicos en 2016) e agora pide outros 10 millóns, segundo o alcalde. “Todo cun ERTE que afecta ao 50% do persoal. Un negocio redondo” engade Rubén Perez. Marea de Vigo considera que “tiña que declararse e notificarse fehacientemente a suspensión do servizo a cada concesionaria, cousa que non se fixo en casos como o da recadación executiva” O que é unha deixadez evidente e ten que ter solución inmediata para evitar que as empresas concesionarias “abusen deste Concello e dos recursos das prestacións dos ERTES, que son recursos que saen das cotizacións dos traballadores e traballadoras” Marea de Vigo rexistrará hoxe unha petición de informe ao Interventor Municipal sobre o alcance das indemnizacións e de cales serían as penalizacións que se poderían aplicar a cada concesionaria porque en casos como DORNIER, segundo a Marea de Vifgo, “é de escándalo que, tendo suspendido o servizo e polo tanto garantido o pago polo concello, o grupo empresarial metera ao 100x100 do persoal no seu ERTE estatal a pesar de que os salarios, garantidos pola suspensión do servizo, sexan o 80% do custe da explotación

Comentarios