A DELEGACIÓN DA XUNTA REPARTE 1934 ORDENADORES AOS CENTROS ESCOLARES DA ÁREA DE VIG0 ENTRE AS FAMILIAS QUE ASÍ O SOLICITARON

|

A Xunta de Galicia, en colaboración cos centros educativos dos catorce concellos que integran a área territorial de Vigo, entregou desde a suspensión da actividade educativa presencial un total de 1.934 ordenadores entre as familias que así o solicitaron, priorizando aquelas con menos recursos.

Trátase da suma dos ordenadores que xa lle enviou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a cada centro da área, xunto cos equipos que tiñan tanto os propios centros educativos como os Centros de Formación e Recursos do Profesorado e que se puxeron a disposición das familias que o precisasen.

As familias reciben os equipos como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa, mentres dure a suspensión das clases presenciais. Cómpre ter en conta, ademais que os alumnos que participan no programa E-Dixgal dispoñen tamén neste curso de portátiles cedidos pola Xunta de Galicia.

Así o recordou a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, quen xunto ao xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, César Pérez Ares, fixeron entrega esta semana na sede autonómica do Goberno en Vigo dunha nova partida de 50 ordenadores aos directores dos CEIP vigueses de López de Vega, Celso Emilio Ferreiro e Chans de Bembrive.

Trátase de 50 novos portátiles que responden ás necesidades especificadas polos propios centros escolares, que se encargan como vén sendo habitual desde o principio das entregadas dos equipos de entregalos ás familias, priorizando aquelas con menos


20200509EntregaOrdenadoresCentrosEscolaresVigo



Comentarios