El Concejal del PP de Vigo Jesús Marco insta al alcalde a que señalice correctamente las calles cortadas para evitar accidentes que ya se produjeron

|



O grupo municipal do PP critica que a sinalización das rúas peonalizadas xera confusión e falsa sensación de seguridade e insta a Abel Caballero a que sinalice correctamente estas vías axustándose á legalidade, para evitar accidentes que xa se teñen producido.

As 70 vías cortadas só contan cun sinal de prohibición e un valo cando deberían ter tamén sinais de limitación de velocidade e de indicacións de quen pode pasar. “O único que hai é un adhesivo en A6, imperceptible para os peóns e menos para os condutores. O alcalde debería saber que hai que colocar outro sinal independente de limitación de velocidade e unha indicación de excepcións que non debería ir dentro do sinal de prohibición”, explica o concelleiro Jesús Marco González. 

Ademáis o valo debería estar reforzado e cun reflector, algo que non sucede agora. “Non podemos permitir que haxa atropelos se precisamente esta medida pretende favorecer aos peóns. Pedímoslle ao alcalde que tome nota e arranxe esta situación polo ben de todos: peóns e conductores”, conclúe o concelleiro Jesús Marco González.

Sinal2Sinal3



Comentarios