O BNG pide á dirección do PSOE que interveña para frear a moción de censura en Catoira pactada co PP

|

A dirección nacional do BNG considera de enorme gravidade o pacto PP-PSOE para impulsar unha moción de censura contra o goberno municipal do Concello de Catoira, cuxa Alcaldía está agora baixo a responsabilidade da formación nacionalista. O BNG manifesta a súa sorpresa polo feito de que, a menos dun mes da cita coas urnas, o PSOE pacte co PP en contra do Bloque para repartirse a permanencia na Alcaldía, nunha especie de turnismo no cargo a tempos iguais. E pregunta á formación de Gonzalo Caballero se esa é a maneira que ten o Partido Socialista de entender o cambio en vésperas de celebrarse as eleccións galegas. O BNG pide á dirección do PSOE que tome cartas inmediatas no asunto para poñer freo a esa moción de censura man a man co PP, ao tempo que reafirma o compromiso do Bloque para conseguir un cambio real en Galiza que pasa porque o Partido Popular perda a maioría absoluta nas eleccións do vindeiro 12 de xullo para abrir un tempo novo que a formación nacionalista aspira a liderar como única garantía dun cambio real.


O BNG rexeita a moción de censura e afirma que o transfuguismo non para nin siquera en estado de alarma. Cualifica de “lamentable” e “grave erro” a mensaxe que está a envíar o PSOE ás portas dunha eleccións galegas e pregunta si esta é a mensaxe que quere transladar á sociedade e ao electorado progresista.

Comentarios