GONZALO CABALLERO NA XUNTANZA DA EXECUTIVA DO PSdeG: “A CRISE DA COVID FAI MÁIS IMPERIOSA A NECESIDADE DUN CAMBIO EN GALICIA”

|

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe a primeira xuntanza da Comisión Executiva Nacional Galega que se celebra -por videoconferencia- trala convocatoria electoral. Na súa intervención, destacou que “a crise da covid-19 fai máis imperiosa aínda a necesidade dun cambio en Galicia” para ter un goberno na Xunta que aposte polo público.

“Hai que activar aos 10.000 militantes socialistas de Galicia para retirar a quen foi o campión dos recortes na sanidade pública”, sinalou o líder do PSdeG, quen avanzou que a campaña ten que servir para mobilizar ao electorado progresista e que “non se quere resignar” a seguir pola senda da precarización e da privatización dos servizos públicos que caracteriza á etapa de Feijóo na Xunta.

Nese senso, Gonzalo Caballero puxo o foco en que “a tarefa que temos por diante” é amosar que o PSdeG ten “o mellor proxecto de futuro para Galicia”, máxime para afrontar esta crise sanitaria, económica e social derivada da pandemia. “Temos un proxecto de compromiso coa sanidade pública, co fortalecemento do estado do benestar e unha política económica que non deixe a ninguén atrás”, resaltou.

“As receitas que necesita Galicia son as que temos no noso ideario”, destacou o máximo dirixente do PSdeG, quen resaltou o traballo feito “a carón da cidadanía” por parte dos máis de cen alcaldes e alcaldesas socialistas de Galicia, polos presidentes e a presidenta das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, respectivamente, e polo propio goberno de España.

“Axudas para autónomos por primeira vez neste país, mantemento dos salarios dos traballadores, medidas de reforzo para empresas, prohibición de realizar desafiuzamentos durante a pandemia, aumento das becas de estudos, renda mínima vital…”, enumerou Gonzalo Caballero, quen contrapuxo estas medidas coa actitude da dereita e a ultradereita “alentando manifestacións no barrio de Salamanca”.

CAMPAÑA

Así as cousas, co obxectivo de facer chegar esa mensaxe á cidadanía, Gonzalo Caballero seguirá mantendo a súa axenda de contactos cos cargos institucionais do partido e cos distintos sectores da cidadanía de Galicia, sempre cumprindo as normas de seguridade e precaución. Así, a medida que avance o proceso de desescalada, irase avanzando na mobilidade e programando actos de maior dimensión.

E, ao fío das medidas que necesita Galicia, fronte á inacción da Xunta de Feijóo, o secretario xeral do PSdeG indicou que Xoaquín Fernández Leiceaga coordinará a

actualización do programa electoral para incluír o traballo e os informes dos grupos de expertos en sanidade e economía que convocou o propio Gonzalo Caballero a raíz da crise do coronavirus.

ESTADO DE ALARMA

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG criticou o comportamento político “do PP de Casado, Ayuso e Feijóo”. “Ten unha posición infumable”, subliñou, á vista do seu intento de “botar abaixo como sexa o estado de alarma”.

Sobre todo, como sinalou Gonzalo Caballero, porque “todos os galegos sabemos” que esta ferramenta é “fundamental” para levar a cabo o proceso de desescalada e desconfinamento “con todas as garantías


Gonzalo Caballero 200520



Comentarios