O PSdeG SINALA A FEIJÓO QUE “SE QUERE REDUCIR A CAMPAÑA, QUE LLE POÑA UN BOZAL A TELLADO”

|

O PSdeG recomendou hoxe ao PP de Feijóo que “se quere reducir a campaña, que lle poña un bozal a Tellado”. A lei establece que a campaña electoral debe durar un mínimo de 15 días e "ninguén pode reducir as garantías democráticas en Galicia".

“O PP debe impulsar un cambio nos medios informativos públicos galegos para garantir a pluralidade e a veracidade, e ademais garantir varios debates con presenza de Feijóo na TVG".

“Parece que Feijóo querería avanzar cara un sistema de partido único, pero os galegos non estamos dispostos a retroceder nos nosos dereitos”, concluíu o PSdeG, que recordou que a lexislación establece o tempo de duración das campañas electorais.

“Feijóo errou ao poñer a data electoral estando en plena emerxencia sanitaria, e o que ten que facer agora é dispoñer todos os mecanismos para que o proceso se leve a cabo con garantías democráticas e sanitarias”.

Comentarios