GONZALO CABALLERO ANUNCIA QUE El PSdeG PEDIRÁ UNA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN SOBRE La GESTIÓN DE LA XUNTA EN LAS RESIDENCIAS DE MAYORES: “FEIJÓO DEBE UNA EXPLICACIÓN A GALICIA”

|

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe que o PSdeG pedirá a apertura dunha comisión de investigación no Parlamento sobre a xestión da Xunta nas residencias de maiores, que acumulan case a metade de falecementos por coronavirus en Galicia.

“Feijóo debe unha explicación a Galicia”, sostivo o líder dos socialistas galegos, consciente de que é necesario “aclarar todo o ocorrido” nestes centros. “As familias merecen unha explicación transparente, con información e análises das medidas que se tomaron e das que non”, recalcou.

“Hai que explicar ás familias que preguntan que aconteceu nas residencias e dar información detallada sobre os contaxios e falecementos en cada unha delas, e tamén explicar os contaxios dos traballadores”, inquiriu Gonzalo Caballero, quen reclamou saber se a dirección dos centros de maiores privados con contaxios masivos “adoptaron axeitadamente os mecanismos de protección”.

Ademais, incidiu o máximo dirixente do PSdeG, Feijóo ten que dar contas “do seu modelo privatizador e da súa conivencia cos incumprimentos dos protocolos” por parte de certas residencias privadas, como xa sinalou o propio Consello de Contas no seu informe do ano 2017.

“As familias que perderon aos seus maiores nas residencias pola covid-19 merecen empatía e respaldo”, engadiu Gonzalo Caballero, para esixir a Feijóo que “non oculte a información” e que aclare tamén a información sobre falecementos neses centros de maiores sen diagnóstico de coronavirus.

ESTADO DE ALARMA

“Galicia necesita un goberno que atenda as demandas da cidadanía”, defendeu o representante do PSdeG, quen lamentou que Feijóo preferira traballar como “o gran colaborador na estratexia de confrontación contra o goberno de España marcada por Casado, Álvarez de Toledo e Ayuso”.

Así é que, profundou Gonzalo Caballero, Feijóo “non traballou para solucionar os problemas” en asuntos da súa competencia durante esta crise. “O caos da volta ás aulas, o crecente rexeitamento dos sectores culturais ao seu plan de reactivación, a falla de resposta para o turismo e a hostalería, a ausencia de compromiso coa sanidade pública…”, enumerou, dan conta disto.

“Feijóo xogou a ser o pitufo gruñón e a refunfuñar contra o goberno en vez de colaborar na busca de solucións aos problemas que existen en Galicia, tanto no confinamento como no proceso de desescalada”, evidenciou o líder do PSdeG, consciente de que Feijóo “preferiu confrontar e non colaborar”.

“Galicia -dixo- necesita un goberno que sexa parte da solución e non un obstáculo. Galicia necesita un goberno de progreso que poida colaborar co goberno de España e os gobernos municipais ao longo dos próximos anos para saír desta crise”. “Os galegos merecemos algo máis que un presidente que pon trabas, pero non solucións aos problemas”, apostilou Gonzalo Caballero.

De feito, sinalou que Feijóo non dispuxo “medidas de calado” durante esta crise, máis alá dun “catálogo de propostas inconexas” concibidas para dicir que cando o goberno de España decide algo é “porque el o propuxo” ou para confrontar dicindo que “non lle fan caso” cando non ocorre. “É pouco crible”, finalizou.

Comentarios