Xabier P. Igrexas BNG Vigo propondrá que el Pleno de Vigo demande de la Xunta un Plan de Reactivación Económica a nivel gallego

|

O Bloque Nacionalista Galego levará ao Pleno do Concello de Vigo, que se vai celebrar este mércores, unha moción instando a que a Xunta de Galiza poña en marcha un Plan de Reactivación Económica co que facer fronte aos efectos da crise do coronavirus.

“Durante esta crise houbo un elefante na sala que foi a permanente incomparecencia do Goberno galego. A Xunta de Feixóo estivo totalmente ausente na principal cidade de Galiza”, reprochou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.  De aí que o obxectivo da moción sexa o de combater en positivo a incomparecencia da Xunta, demandando que exerza como Goberno galego e que poña en marcha con urxencia as medidas que permitan reactivar a nosa economía”.

O edil nacionalista alertou de que Vigo xa se aproxima ás 25 mil persoas paradas, segundo os datos do mes de abril, ao que se engade o enorme impacto dos ERTE, a situación límite de boa parte dos 18 mil traballadoras e traballadores autónomos e as graves dificultades do tecido comercial e as PEME. Aliás, advirte de que este crise golpeará sectores estratéxicos que xa padecían problemas, como as actividades industriais, a construción naval ou a automoción.

Emporiso, Igrexas sostén que “é momento de adoptar decisións, é momento de audacia e determinación, é momento de gobernar, é o momento de poñer os recursos de atender as necesidades do pobo galego”. Nese sentido, a moción nacionalista insta a Xunta de Galiza a iniciar a elaboración Xunta de Galiza a iniciar a elaboración dun Plan galego de reactivación económica, consensuado con todas as administracións, forzas políticas, axentes e sectores sociais, no que se delimiten claramente as competencias das distintas administracións, para evitar duplicidades e baleiros no emprego dos recursos públicos. Tamén demandan que a nivel galego se elabore con urxencia un Plan galego  de axudas, que complemente as medidas do Estado, a traballadores e traballadoras autónomas e as PEME.

Por outra parte o texto insta a FEGAMP e Xunta a esixiren a derrogación da lei Montoro para permitir que os concellos poidan desenvolver toda a súa capacidade de investimento e gasto, dispoñendo dos seus excedentes orzamentarios e dos remanentes de tesourería. En relación a esta cuestión, o Bloque propón que a Corporación Municipal acorde manifestar a súa firme oposición a calquera pretensión do Ministerio de Facenda, ou de calquera outra administración, de incautar ou bloquear fondos e recursos municipais.

“Neste contexto no que son necesarias medidas contundentes para enfrontar os efectos sociais e económicos da crise do coronavirus, os Concellos temos que poder dispor dos seus recursos”, remacha o portavoz municipal nacionalista

Comentarios