A A.V DE TEIS, ESIXE QUE SE MELLORE A PRAIA DA PUNTA E O SEU ENTORNO.

|

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse con sendas cartas hai dez días, ao Alcalde de Vigo e a Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa  e do Mar, do Ministerio para a Transición Ecolóxica para esixir a ambas administracións unha actuación para mellorar  a praia de A Punta e o  seu entorno. 

 A praia de A Punta, é o areal máis importante con que conta o barrio de Teis.  Ademais, a praia esta en contacto co paseo marítimo e co parque público da ETEA, polo que é un dos lugares de lecer máis importantes da cidade nos meses de verán, independente da súa falta de mantemento e de dotacións. 

 A praia de A Punta, presenta varias deficiencias xa denunciadas pola Asociación diante das diferentes administracións,  a rampla de acceso esta afundida, o mal estado da torre de vixilancia, o paseo marítimo esta sen firme en moitos tramos, etc.

 Este areal ten un problema  espazo, pois queda moi reducido o areal cando a marea esta alta, o que provoca que a veciñanza  téñase que se colocar no entorno.

 Desde esta Asociación, propoñemos que para gañar  espazo, se  acondicione unha superficie entre o paseo marítimo e o parque público. Na actualidade este espazo esta descoidado, cun  terreo irregular e  con vexetación.

 Ademais, poderíase acondicionar o peirao lindeiro coa praia. Este peirao xa o utiliza a veciñanza, aínda estando no estado actual. Esta proposta  trasladouse ao servizo provincial de Costas de Pontevedra, hai mais dun ano.   

 Tamén é necesario acondicionar ou desmontar a torre de vixilancia existente, ao supor un perigo pois está moi deteriorada, pois xa  houbo algúns desprendementos de pezas metálicas.

 Esta Asociación é favorábel a construír  o espigón que permita recuperar  area na praia de A Punta, pero  coa realización previa de estudos  técnicos que avalen esta proposta.  Non estamos dispostos a unha nova barbaridade como a decisión de depositar areal en agosto de 2010, que foi un absoluto fracaso e dilapidar diñeiro público.

O acordo histórico entre Costas e o Concello de Vigo de 2019

O 30 de xaneiro de 2019, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciaba un “acordo histórico “,co departamento provincial de Costas, para avanzar en cinco proxectos que recuperen a fachada marítima da cidade, incluíndo entre estas actuacións a praia da Punta, despois dezaseis meses deste acordo, non houbo ningunha actuación nesta praia.

Unha vez máis estamos diante de anuncios e fotos, que logo non se concretan en nada. É urxente  mellorar os espazos  e o entorno da praia de A Punta,como vimos reivindicando desde fai anos as diferentes administracións implicadas. Non é aceptábel o actual estado da praia, que ademais figura como unha praia coa distinción da bandeira azul.


Thumbnail Foto praia da Punta 5 maio 2020



Comentarios