MAREA DE VIGO PIDE O CESE DO PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA, LÓPEZ VEIGA, ANTES DE QUE O MAL SEXA IRREPARABLE NO PORTO E NA ACTIVIDADE ECONÓMICA NA RÍA

|

Marea de Vigo afirma que López Veiga mentíu ao anunciar que acataría a sentenza e considera que esta alegación amosa que os intereses privados de empresarios loxísticos, mesmo que operan en maior medida no Porto de Leixões, non poden estar por enriba da continuidade da actividade de construción naval nos terrenos de Vulcano. Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, sinalou hoxe que “quen aproba finalmente o Plan Especial do Porto que poida clasificar para outros usos o solo de Vulcano e o inclúe no seu PXOM é o Concello de Vigo, polo que alegaremos para evitar as pretensións do porto de liquidar un futuro industrial aos terrenos toda vez que se abre o proceso de aprobación do PXOM hoxe mesmo coa publicación da Xunta do proceso da aprobación da Avaliación Ambiental Estratéxica”. Marea de Vigo alegará ao PXOM para blindar no mesmo o uso industrial dos terrenos do porto que actualmente ocupa a antiga Vulcano. Do mesmo xeito trasladará ao Congreso dos Deputados unha iniciativa para impedir que o ditamen do Consello do Estado sexa contrario a un uso industrial e con emprego nos terrenos de Vulcano.

Comentarios