O PPdeG presenta as súas candidaturas para as Eleccións Autonómicas do vindeiro 12 de xullo

|

O Partido Popular de Galicia presentou as súas candidaturas para as Eleccións Autonómicas do vindeiro 12 de xullo. As listas non rexistran ningún cambio con respecto ás que xa se fixeran públicas para os comicios de abril e que tiveron que ser suspendidos pola pandemia provocada polo coronavirus.

Estas candidaturas son unha combinación de renovación e experiencia na xestión pois, ademais dos novos nomes, están conformadas por un equipo de persoas que xa demostraron a súa valía e capacidade no eido local, como altos cargos da Comunidade e como excelentes parlamentarios.

De feito, os membros do Executivo autonómico forman parte destas listas posto que este Goberno, que conseguiu dotar a Galicia da estabilidade que necesita, merece ter un posto na Cámara galega.

Cómpre salientar que toda esta experiencia será moi útil no Parlamento agora que a Comunidade terá que afrontar unha época excepcional, pois a nova situación económica e social da nosa Autonomía non permite xogar a experimentos que compliquen a recuperación.

A candidatura está encabezada por Alberto Núñez Feijóo, que é unha garantía de moderación y de capacidade de xestión, e ambos conceptos serán imprescindibles dada a nova situación política.


PONTEVEDRA

1- ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

2- CORINA PORRO MARTÍNEZ

3- ALFONSO RUEDA VALENZUELA

4- JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA

5- MARÍA GUADALUPE MURILLO SOLÍS

6- ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

7- VALERIANO MARTÍNEZ GARCÍA

8- JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS

9- MARTA MARÍA FERNÁNDEZ-TAPIAS NÚÑEZ

10- MARÍA ELENA SUÁREZ SARMIENTO

11- JOSÉ ALBERTO PAZOS COUÑAGO

12- SILVESTRE JOSÉ BALSEIROS GUINARTE

13- MARÍA NAVA CASTRO DOMÍNGUEZ

14- TERESA EGERIQUE MOSQUERA

15- MARÍA FELISA RODRÍGUEZ CARRERA

16- MANUEL SANTOS COSTA

17- MOISÉS RODRÍGUEZ PÉREZ

18- BELÉN CACHAFEIRO ANTA

19- FERNANDO PÉREZ DOMÍNGUEZ

20- ANA CRISTINA PÉREZ CABALEIRO

21- MARÍA DOLORES HERMELO PIÑEIRO

22- GUILLERMO JUNCAL PEÑAS

Suplentes:

1- ALBERTO ACUÑA CRESPO

2- MARÍA ISABEL COUSELO TORRES

3- MARÍA VANESA ALONSO GÁNDARA

4- CARLOS MANUEL MARTÍNEZ NOGUEIRA

5- ISMAEL GIRÁLDEZ LAGE

Comentarios