MAREA DE VIGO CALIFICA COMO DELIRANTE El CONFLICTO XUNTA-AYUNTAMIENTO SOBRE PARQUES INFANTILES CUANDO ESTE “TIENE UNA SOLUCIÓN LÓGICA E INMEDIATA QUE DEPENDE EXCLUSIVAMENTE DEL AYUNTAMIENTO”.

|

Marea de Vigo lémbralle ao alcalde que “leva varios anos consignando no orzamento un millón de euros para o mantemento de parques infantís e bioasaudables” e que “no 2019, unha vez aprobada a partida, retiroulle 809.000 deixando 190.000 euros para a mesma e executando finalmente 0 euros dos mesmos”.

“Non existe obrigación de vixiantes nos parques” como dixo o alcalde, mais “o que ten que ter é seguemento da policía local tal e como se fai na vía pública” matiza Rubén Pérez. “O que si é necesario – prosigue - nesta e noutras concesións relacionadas cos espazos e mobiliarios públicos, é adaptalas aos criterios de seguridade das persoas que mandata a nova normalidade que por desgraza imos vivir nas nosas cidades”.

O Grupo municipal incide en que “dende hai anos queda sen executar unha partida que supera o medio millón de euros nos investimentos previstos de PARQUES INFANTÍS E BIOSAUDABLES” e que a concesión de mantemento de parques infantis, biosaudables e bancos que xestiona o Concello “ten que modificarse e adaptarse á nova realidade post-covid19 modificando o contrato para que inclúa actuacións de limpeza e desinfección, incorporando persoal permanentemente á concesión que faga esa tarefa”.

Fanse modificatorios de contratos a ducias ao longo das lexislaturas, e este, segundo a Marea de Vigo, é especialmente necesario porque só 5 persoas estan a manter os parques infantís da cidade, os milleiros de bancos na vía pública e os parques biosaudables que progresaron numéricamente en Vigo de xeito inversamente proporcional ao persoal asignado ao seu mantemento.

Que imos gastar máis recursos en Vigo pola COVID-19 é unha realidade, así como que outras administracións terán que facer o mesmo en sanidade, educación, seguridade laboral, etc... pero o que hai que afrontar urxentemente é a nova realidade. “Os recursos municipais non son infinitos e entre despilfarros de luces e nadal e seguridade das persoas é preciso establecer prioridades” conclúe Rubén Pérez, voceiro do grupo Municipal da Marea de Vigo.



Photo 2020 06 17 11 50 26



Comentarios