Feijóo retoma a actividade electoral para só facer propostas e aportar confianza, xestión e certezas a Galicia

|

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, retomou a actividade electoral e avanzou que será unha campaña só de propostas e para aportar confianza, xestión e certezas a Galicia.

O líder dos populares galegos fixo fincapé en que estes non son tempos de enfrontamentos, senón de entendemento, solucións, respostas e de sentidiño. Neste punto, incidiu en que a motivación do PPdeG non é derrotar a ninguén, senón seguir traballando por Galicia, ser útil e estar a disposición dos galegos, para que a nosa Comunidade supere a pandemia económica e as dificultades sociais e siga mellorando os servizos públicos e creando emprego.

Para afrontar os retos e as dificultades que hai por diante, Feijóo avogou pola implicación de todos. Ao traballo conxunto dos galegos, dixo que o PPdeG quere sumar un Goberno autonómico que, ademais de aportar confianza, xestión e certezas, sexa libre para gobernar, non consuma enerxías en enfrontamentos e descoordinacións internas e non teña ningunha outra prioridade que os intereses xerais de Galicia e dos galegos.

GALICIA RESPONDEU Á PANDEMIA

O líder do PPdeG puxo en valor a resposta de Galicia ante a pandemia, da que dixo sentirse orgulloso, e da que destacou o traballo dos profesionais sanitarios e sociosanitarios, dos servizos esenciais e de todos os galegos que estiveron nas súas casas. Apuntou a que foron meses “moi longos, tristes e duros”, durante os

cales perdemos a moita xente. Meses nos que o Goberno galego se dedicou ao urxente e a ser útil.

Feijóo aproveitou para poñer a Vigo como un dos lugares que tivo “unha resposta á altura” polo seu servizo sanitario. Recordou que, precisamente nesta cidade, é onde está un dos mellores laboratorios de microbioloxía de Europa e un dos máis activos nesta crise; foi, ademais, onde Galicia foi pioneira no sistema Covid-auto; e onde, tamén, a Sanidade publica non tivo que construír un hospital de campaña, grazas a que a cidade conta cun hospital de referencia.

Neste senso, e tras sinalar que o Covid-19 puxo a proba o sistema sanitario público español, asegurou que Galicia, e especialmente Vigo, foi quen de responder con nota. Unha resposta que non sería posible sen o compromiso, o traballo e o esforzo dos profesionais sanitarios.

Incidiu en que o virus segue existindo, polo que hai que seguir extremando todas as precaucións e cautelas.



20200620 Feiju00f3oEnVigo



Comentarios