Feijóo pide unha participación masiva para elixir o mellor para Galicia entre as dúas opcións posibles

|

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu unha participación masiva para elixir o mellor para Galicia entre as dúas opcións posibles. Así, dixo que, o vindeiro 12 de xullo, os galegos están chamados a escoller entre un multipartito ou un goberno, a inestabilidade ou a estabilidade, experimentos ou a experiencia ou entre ir á contra ou a unión de todos a favor dun futuro certo para Galicia.

Durante un mitin en Vigo, instou a non dar nada por feito e acudir ás urnas. Neste punto, garantiu que, tras tomarse todas as medidas, poderase votar con total tranquilidade e normalidade; e afeou aos que pretender meter medo ou desanimar a facelo.

Nun momento de división entre partidos, de inquedanzas e no que se busca o enfrontamento, o líder dos populares galegos propuxo unión, entendemento, confianza, xestión e certezas.

PROGRAMA, PROPOSTAS E XESTIÓN

“A miña campaña será programa; o meu día a día, propostas; e os próximos catro anos, xestión”, indicou Feijóo, quen apuntou, unha vez máis, que non ten máis prioridade que Galicia.

Asegurou que, ao longo destes 15 días, non perderá nin un segundo en buscar a confrontación co resto de formacións políticas, xa que o seu compromiso é investir todo o tempo en facer propostas para Galicia.

Así mesmo, sostivo que non quere unha Galicia dividida en partidos, senón unha Galicia que siga traballando conxuntamente. E que, fronte aos que pretenden fragmentala segundo ideoloxías, quere ser o presidente dun pobo que se mantén unido ante as dificultades. Porque, tal e como remarcou, o seu obxectivo é que toda Galicia saia gañando.

Avogou, tamén, por non perder o tempo en pelexas nin imposicións nin en discusións nin confundido as prioridades. E salientou que non hai tempo que perder preparándose, senón que hai que chegar á Xunta preparados. Algo, dixo, que o PPdeG si pode dicir: está máis preparado aínda que a primeira vez e con máis experiencia e forza para encarar as dificultades.

PROPOÑEMOS CERTEZAS

O líder do PPdeG fixo fincapé na necesidade de ofrecer certezas, ante a pandemia e ante as dificultades sociais e económicas derivadas dela. E, ante a continuidade do virus e as posibilidades de rebrote, Galicia precisa unha resposta coordinada e eficaz.

Porén, resaltou que o PPdeG é quen de dala e que seguirá mellorando e ampliando os servizos sanitarios; así como que o emprego será a súa prioridade. Para iso, incidiu en que non existen fórmulas máxicas, senón que esforzo, compromiso, dedicación, proxecto e programa.

GALICIA, PREPARADA PARA ENCARAR O FUTURO

Destacou que, despois dunha década, a Galicia de números vermellos, con débedas e nas que se destruía emprego en 2008, pasou a ser a Comunidade máis solvente de España.

Amosouse convencido de que tamén será capaz de encarar o futuro con máis oportunidades. Para iso, farao apostando por un ensino máis completo e competitivo, apoiando ás familias e aos maiores, reforzando as políticas de innovación, respectando o medio ambiente, potenciando o medio rural e o mar, integrando o urbano e o rural, confiando nos mozos.






Comentarios