LA XUNTA ELIMINA DOS PUNTOS DE VERTIDO DE AGUAS RESIDUALES EN El AYUNTAMIENTO DE VIGO

|

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de eliminar dous puntos de vertido de augas residuais no Concello de Vigo.

Por unha parte, o Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectou un punto de vertido correspondente ao sistema depurativo que recibía as augas residuais de varias naves de uso industrial localizadas na Avenida Ricardo Mella.

Augas de Galicia notificoulles esta irregularidade aos titulares das naves industriais para que levasen a cabo as actuacións de emenda do vertido.

Os inspectores comprobaron nunha nova inspección a instalación dun bombeo que permitiu a conexión do vertido á rede de saneamento municipal, cesando así os vertidos.

Por outra parte, os técnicos da Xunta tamén constataron a achega de aportes contaminantes que recibía o río Lagares ao seu transcurso polo lugar de Gandarón. A orixe do vertido localizábase nas augas residuais xeradas en varias naves da zona, que se atopaban erroneamente conectadas á unha liña de pluviais.

Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do Concello de Vigo, que executou a instalación dun bombeo de augas residuais. Tras dita actuación, os inspectores realizaron unha nova mostraxe no punto de desaugue da rede de pluviais ao dominio público hidráulico, que corroborou a ausencia de carga contaminante na descarga.

Comentarios