Pablo Iglesias que estuvo hoy en Vigo apoyando a su candidato asevero “Casado nunca será presidente porque ató su destino a Abascal. El plan del PP se llama Feijóo, que disimula mejor la marca de la derecha”

|

O Auditorio Mar de Vigo, ao pé da ría, acolleu este domingo o acto central de Galicia en Común-Anova Mareas na cidade olívica nun acto emotivo e ateigado no que participaron o candidato á presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino; a ministra e deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz; o vicepresidente do goberno, Pablo Iglesias; e os candidatos Martiño Noriega, Eva Solla, Iria Figueroa e Marcos Cal.


O candidato á presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, interpelou directamente a Núñez Feijóo polo rebrote da Mariña esixíndolle que “durante os 7 días que lle quedan de presidente deixe de facer política partidista coa saúde dos galegos e galegas, sexa transparente e dea a cara” lembrando que “Feijóo priorizou os intereses de partido fronte a saúde de todas convocando unhas eleccións contra o criterio do conxunto de forzas progresistas”.

“Foi un absoluto irresponsable. Señor Feijóo: deixe de facer política electoral coa saúde da nosa xente”.

Nunha intervención apaixoada e contundente, Gómez Reino pediulles a todas as persoas que enchían o vestíbulo do auditorio de Vigo que se mobilicen este próximo domingo para mandar ao PP de Feijóo ao pasado deste país.
“O do 13 de xullo estaremos nós no goberno da Xunta de Galicia para revertir o decenio negro de Feijóo e para impulsar medidas como a Renda Garantida da Cidadanía Galega. Acabemos coa corrupción e abramos un novo futuro”.

Por iso, volveu emprazar “aos compañeiros do PSdG e do BNG a asinar un decálogo de goberno para que os galegos e as galegas saiban que imos construír un horizonte compartido e un futuro mellor para o conxunto do país. Basta xa de relocalizacións e dun PP de Feijóo que nos deixa 20.000 empregos menos en industria, un 9% menos de camas e unha privatización da sanidade que nesta comarca, con Povisa, coñecedes ben”.

Pablo Iglesias, agradecido pola boísima acollida sempre en Galicia, e no particular en Vigo, puxo en valor os moitos logros históricos acadados en cinco meses de Goberno de coalición no Estado en medio dunha pandemia “que nos puxo na posición máis difícil na que estivo nunca o Goberno”.

“Fixemos dun grito de rúa,’só si é si’, unha Lei. Subimos as pensións e o SMI con diálogo e lanzamos unha lei de protección a Infancia,...”, enumerou, entre outras moitas. “Do que estou máis orgulloso”, subliñou, “é do Ingreso Mínimo Vital, que cualifican despectivamente como ‘a paguita’ e que é un seguro de vida para tantas familias”.

“Son leis irreversibles e por iso, remarcou, canto e como se resistiron. Por iso, a ferocidade coa que disparan os seus cañóns mediáticos e removen as cloacas para sacarnos de diante con barbaridades que nunca se dixeran. Saben que non estamos aí para saír pola porta xiratoria aos Consellos de Administración e saben que non nos poderán dicir nunca máis que non se pode”, manifestou o vicepresidente do Goberno.

Iglesias referíase a Feijóo e ao seu lema de campaña ‘Galicia, Galicia, Galicia’ para manifestar que “calquera psicoanalista lería Madrid, Madrid, Madrid”. “Pablo Casado nunca será presidente e atou o seu destino a Abascal. O plan de Partido Popular é Feijóo, que disimula mellor a marca”, dixo Iglesias.

“Galicia en Común deunos a Yolanda Díaz, a mellor ministra de Traballo da historia e Antón Gómez Reino é o mellor candidato. Galicia en Común é o mellor instrumento para transformar este país”, remarcou Iglesias.

Unha emocionada Yolanda Díaz comezou a súa intervención lembrando que “Vigo é a Galicia contemporánea dende os anos das loitas obreiras do 72, o motor económico, cultural e social dun país ao que non representa Alberto Núñez Feijóo”. A ministra de Traballo fixo fincapé no “destrozo industrial que fixo o PP de Feijóo nos últimos anos, perdendo a oportunidade que lle brindou ter tres maiorías absolutas para convertir a este país nun potencial da construción naval”.

“Señor Feijóo” continuou Yolanda Díaz, “déixenos recuperar Vulcano e destitúa ao señor López Veiga como máxima autoridade portuaria” e, co foco aínda posto no sector industrial, criticou que “o señor Feijóo non asum
ira as súas competencias para salvar Alcoa. Porque nós no goberno do Estado non temos competencias porque como as tivésemos ía arder Troya. Faga o que teña que facer e salve Alcoa na Mariña”.

A ministra preguntouse se “credes que sen nós no goberno do Estado teriamos aprobado un Ingreso Mínimo Vital, teriamos prohibido os desafiuzamentos ou protexido a 3,4 millóns de traballadores durante a pandemia do coronavirus”. Yolanda Díaz asegurou “sentir vergoña cando Pablo Casado di que Feijóo é un bo xestor, pero un bo xestor non segrega por sexos, non desmantela a sanidade pública ou ten ao persoal sanitario con contratos de día”.

Eva Solla tomou a palabra para reclamar uns medios públicos galegos que non estean manipulados. “Mentres hai un rebrote da Covid19 na Mariña de Lugo, Feijóo emite deportes. Non merecemos isto”, sentenciou.

“Centos de persoas foron abandonadas a súa sorte nas residencias sen medios mentres o señor Feijóo iniciaba a súa precampaña mais longa esquecendo as súas competencias en Politica Social, Ensino e Industria, e tratando de tapar a falla de recursos públicos “con cheques da vergoña”.

“Tomade, -nos dín-, 250 euros para gastar en cañas para que no protestedes por ir a traballar sen Epis”, manifestou a candidata por Pontevedra. “Merecemos e defendemos un país digno, dignidade nos medios, no Ensino, na Sanidade, e na Industria cunha Lei de Emprego como a que propoñemos”.

Martiño Noriega apelou á “necesidade de que nun momento excepcional coma este o noso espazo político estea no futuro goberno da Xunta porque precisamos un goberno que estea á altura da súa xente e non un goberno como o do señor Feijóo que nin durante os ultimos once anos nin durante a crise do coronavirus estivo á altura do pobo”. Nesa liña, o número 3 pola provincia da Coruña lembrou que “se algo comprobei traballando en primeira liña na Atención Primaria foi que só o pobo salva o pobo”.

Noriega asegurou que “necesitamos que este espazo, combativo e xeneroso estea no futuro goberno porque só con nós dentro existe a garantía de que se pode mudar o estado das cousas como fixeron as compañeiras Yolanda Díaz e Pablo Iglesias” e engadiu que “só con nós o primeiro son as persoas, o segundo as persoas e o terceiro as persoas, sempre as persoas. Somos eses rebeldes competentes que estamos chamados a, tamén en Galicia, mudar o estado das cousas e desplegar un escudo social que protexa ás traballadoras”.

Iria Figueroa, número dous pola provincia, fixo un chamado a votar o domingo 12 de xullo como antídoto contra a resignación e como victoria contra un goberno, o de Feijóo, “que condenou a miña xeración a escoller entre a emigración e a precariedade”.

Por último, Marcos Cal, tamén candidato pola provincia, contrapuxo as políticas de escudo social desenvoltas polo goberno do Estado “a ese Feijóo que quixo desmantelar a sanidade pública para beneficiar os seus amigos da privada fronte aos que defendemos a sanidade pública” ou a ese “Feijóo que puxo en mans de fondos especulativos o sistema público de coidados dos nosos maiores”.

Antes o inicio do acto, Antón Gómez Reino, Yolanda Díaz e Martiño Noriega mantiveron unha xuntanza coas traballadoras da Plataforma SAF Galicia para escoitar o relato da precaria situación que están a vivir no Servizo de Axuda no Fogar. “Os coidados teñen que estar no centro da acción política e ese é o noso compromiso”, concluiron. 


6cb3e45f ee0b 4926 91cf 23fb930e9c74



Comentarios