AS PERSOAS QUE CHEGUEN A GALICIA DESDE UNHA ZONA CON ALTA INCIDENCIA EPIDEMIOLÓXICA TERÁN QUE PROPORCIONAR OS SEUS DATOS DE CONTACTO ÁS AUTORIDADES SANITARIAS

|

Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns.

Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con menor incidencia acumulada nos úl-timos 14 días, de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitaria do Ministerio de Sanidade.

As persoas que visiten Galicia, terán un espazo de tempo de vintecatro horas, desde a súa chegada, para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terán que rea-lizar cada un dos viaxeiros. Así, a Consellería de Sanidade publicará mañá por primei-ra vez, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a listaxe dos territorios cuxa incidencia epi-demiolóxica requira desta obriga, podendo ser tanto países extranxeiros coma outras comunidades autónomas. Neste sentido, a listaxe actulizarase quincenalmente, segun-do sexa a evolución epidemilóxica de cadanseu territorio.

Dúas modalidades para facilitar a información de contacto

Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que estará dispoñi-ble na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou subministrar os datos chamando ao telé-fono 881 00 20 21. A todos os viaxeiros faciltaráselles un contacto por se tivesen algún

tipo de sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con tarxeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela. Tamén se lles proporcionará información e reco-mendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemen-to e control que se consideren necesarias. Así, por exemplo, no caso de persoas que veñan de territorios cun risco máis alto, independentemente de que teñan sintomato-loxía ou non, podería promoverse a realización dunha proba diagnóstica.

Cómpre destacar que a atención que se considere necesaria polos profesionais do Ser-vizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas que a precisen, incluíndo a rea-lización de probas diagnósticas ou, no seu caso, dos tratamentos indicados.

Os establecementos de aloxamento turístico estarán obrigados a informar desta medi-da aos seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turís-ticos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao incio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deberán facelo ás empresas, que despra-cen aos seus traballadores por motivos laborais.

A medida será efectiva dende a publicación pola Consellería de Sanidade da Orde que regula esta comunicación e o listaxe de territorios considerados de maior incidencia epidemiolóxica.

Comentarios