MAREA DE VIGO CELEBRA QUE FINALMENTE El GOBIERNO DE ABEL CABALLERO ACEPTARA CUMPLIR LA LEGISLACIÓN EN CUANTO A TARIFICACIÓN DEL AGUA A PESAR DE QUE LAMENTA QUE NO SEA POR VOLUNTAD POLÍTICA.

|

  • Rubén Pérez: “O que estaba facendo o Concello de Vigo ata agora era incumprir de maneira sistemática as recomendacións tanto do Plan Hidrolóxico de Galicia Costa coma os criterios que marca a lexislación europea en canto á tarificación real, feito que por certo só beneficiaba á empresa concesionaria, Aqualia” 



O Grupo municipal da Marea de Vigo valora positivamente que finalmente o Goberno local decidise cumprir a normativa europea da auga e o Plan hidrolóxico Galicia Costa, no que que se recomenda o consumo real para prevención en periodos de seca, “tal e como vimos demandando xa dende o inicio da anterior lexislatura” apunta Ruben Pérez, voceiro do Grupo municipal. “ O que lamentamos é que esta decisión sexa unicamente por cumprir a legalidade e non por vontade política, máis aínda cando está a piques de rematar a concesión con Aqualia”.

“O que non se entende – prosigue o voceiro - é a motivación da celebración disto por parte do alcalde coma se fose un logro, cando o único que se vai facer é cumprir a lei, e a realidade é que o alcalde sempre se negou a abrir este debate en todas as ocasións nas que se demandou”.

En todas as ocasións que o Grupo municipal da Marea de Vigo demandou ao Goberno de Abel Caballero a tarificación por consumo real , “era o propio alcalde o que se negaba sistematicamente baseándose nun informe técnico encargado a unha consultoría privada que defendía que non había vantaxes na tarificación por consumo real. Vantaxes para a empresa concesionaria, evidentemente” indica Rubén Pérez.

“O que estaba facendo o Concello de Vigo era incumprir de maneira sistemática as recomendacións tanto do Plan Hidrolóxico de Galicia Costa como dos criterios que marca a lexislación europea. A estas alturas, non é concibible que un concello que se di progresista non pule por un consumo responsable, consciente e sostible da auga por parte da súa veciñanza; para o cal é imprescindible unha tarificación real” enfatiza Rubén Pérez.


Comentarios