MAREA DE VIGO ALERTA DA PRIVATIZACIÓN DA XESTIÓN DE 15 INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.

|

  • O Grupo municipal pide a creación dunha empresa publica municipal de servicios favorecendo a progresiva municipalización da xestión de servizos básicos.
  • Rubén Pérez: “A saída a concurso dos servizos de apertura, control, información, manexo de equipos e peches das 15 instalacións deportivas municipais, labores que actualmente facía persoal municipal, é a privatización máis grave dos últimos anos, e está feita por un alcalde socialista”.



“É absolutamente impresentable, dende o punto de vista de defensa dos servizos públicos, argumentar que o aumento do número de instalacións deportivas nos útlimos 15 anos (Complexo deportivo da ETEA, Complexo deportivo de Navia, Pavillón de Candeán, Pavillón de Sárdoma, CF. Carballal, Pavillón de Quirox, Pavillón de Romil), obrigue a privatizar a xestión de instalacions” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. “ A devandita privatización afectaría a procesos da operariva diaria como a apertura, control, manexo de equipos e peche das instalacións deportivas municipais ademais da xestión do Estadio de Atletismo, o Pavillón de Carballal, e o Pavillón de Valadares. “O goberno local emprega o mesmo argumento privatizador do Partido Popular na sanidade pública” engade o voceiro.

Para Marea de Vigo, que queden anualmente máis de 5 millóns de euros sen executar no capítulo 1 dos orzamentos, capítulo que permite contratar públicamente mediante bolsas para casos de falla de persoal, “é unha evidencia de que este Goberno local aposta decididamente pola xestión privada das instalacións e servizos públicos” apunta Pérez. “Estamos a falar de 15 instalacións deportivas que sempre estiveron atendidas por pesonal do Instituto Municipal de Deportes (IMD)” engade. “Esta evidencia – explica Rubén Pérez – xa quedou patente na creación dos espazos deportivos municipais de Quirós e Romil. Cando foron proxectados polo Goberno local, este xa tiña que ter resolto previamente a falla de recursos públicos para a xestión e no seu lugar, naceron xa privatizados”.

“A xestión das OPES neste concello é deliberadamente tendente á extinción de prazas públicas” explica o voceiro. Se ben o marco legal segue sendo o que consagrou o PP na reposición de persoal público, “é sempre posible asegurar a non extinción de esas prazas nas convocatorias - engade-. É incrible que se argumente dende un goberno supostamente progresista que a a perda de efectivos especialmente por xubilacións e as limitacións lexislativas para cubrir e aumentar o número de recursos humanos para o funcionamento operativo das instalacións deportivas, provoca que a xestión das instalacións sexa imposible realizala na súa totalidade con recursos propios dependentes da entidade local”.

Segundo a Marea de Vigo, o que pretende o Concello agora é “privatizar para non recoñecer a súa absoluta falla de previsión e control neste tipo de instalacións”. Os sindicatos do Concello levan anos alertando disto pero, “ademais dos oídos xordos do Goberno local, agora argumentan sen rubor que: a Concellería de Deportes non dispón de recursos humanos suficientes para a realización da prestación do servizo de apertura, control, información, manexo de equipos e peche para a totalidade das instalacións deportivas municipais polo que é imprescindible para garantir a funcionalidade das instalacións que se recollen no PPT, a contratación do servizo que permita a administración garantir o servizo a cidadanía.”

Froito desta deixadez, o persoal municipal existente só permite cubrir 7 instalacións das 21 que deberían abrirse con servizos propios, tal e como recoñece o propio Goberno local. Dende hai tempo como solución se abrían bolsas de emprego que ocupaban a 2 persoas, “solución que agora se desbota para favorecer a empresas privadas, algunhas das concursantes, como ALCOR, vellas coñecidas nas mesas de contratación e nos xulgados de toda Galicia como exemplos de empresas incumpridoras en materia laboral” conclúe Rubén Pérez

Comentarios