O BNG de Vigo reclama o reforzo dos buses urbanos para evitar masificacións

|

  • Advirten que a reincorporación laboral e o inicio do curso educativo provocará un aumento no uso do autobús urbano.
  • Demandan máis buses e máis frecuencias para evitar aglomeracións que poñan en risco a saúde en plena segunda onda de contaxios por coronavirus.



O Bloque Nacionalista Galego reclamou que se despreguen as medidas necesarias para o reforzamento das liñas de autobús urbano de Vigo, co obxectivo de evitar masificacións e garantir mellores condicións de seguridade fronte a Covid19.

“Setembro suporá a reincoporación laboral de millares de traballadoras e traballadores, após as vacacións de verán, e tamén o inicio do curso escolar en todos os niveis educativos”, explicou o concelleiro do Bloque na cidade olívica, Xabier P. Igrexas. “Esta situación provocará un importante aumento no uso do autobús, en plena segunda onda do coronavirus, ben para desprazarse ao postode traballo ou para acudir a centros educativos como os institutos de FP ou o campus universitario, polo que é imprescindíbel reforzar con máis buses e máis frecuencias para evitar masificacións que poñan en risco a saúde”, reclamou.


O portavoz municipal nacionalista enfatizou a problemática das lanzadeiras ao CUVI, utilizadas por centenas de estudantes. “Non podemos obrigar o estudantado a viaxar en buses cheos até a bandeira, sen a máis mínma distancia interpersoal e durante máis de 30 minutos”, advertiu.


Comentarios