FOANPAS no gestionara este curso escolar el servicio de comedor

|

Tras a asemblea das nosas ANPAS federadas mantida no día de onte, reiteramos por unanimidade o posicionamento mantido ate hoxe e acordamos ante a imposibilidade de poder levar a adiante a súa xestión. O decreto da Consellería de Educación marca a obrigatoriedade do servizo de Comedor pero non establece coma ten que desenvolverse o mesmo , facendo responsable as Anpas da redacción e sinatura dun protocolo e obrigándoas a asumir a xestión da pandemia nas actividades complementarias, sen implementar medios materiais nin humanos para elo. Este acordo faise extensible a todas as actividades complementarias: comedor escolar, actividades extraescolares e aulas matinais. Ante esta situación e atendendo a nosa responsabilidade, vémonos na obriga de novo, de denunciar esta situación ante o abandono na que a Xunta, e nominalmente a Consellería de Educación deixa as familias da área de Vigo.

Comentarios