El BNG de Vigo pide el cese del Delegado de Educación por sus “impresentables descalificaciones contra las Anpas”

|

  • Xabier P. Igrexas: “O Delegado converteuse en parte do problema e nun atranco para lograr solucións”
  • A fronte nacionalista esixe que a Xunta dialogue coa comunidade educativa e poña os medios necesarios para garantir un inicio de curso seguro e a posta en marcha de comedores e aulas matinais.



 Após as manifestacións realizadas polo Delegado Territorial da Consellaría de Educación, César Pérez Ares, nas que descualificaba a Foanpas acusando as familias de “facer política cos comedores”, o BNG de Vigo reclamou publicamente o seu cesamento.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, considerou “impresentábeis” as declaracións do Delegado de Educación e defendeu que “o inhabilitan para seguir nese cargo precisamente nun momento crítico como este inicio de curso”.

O portavoz municipal nacionalista criticou con dureza o desempeño de Pérez Ares asegurando que “durante semanas dedicouse a desatender as demandas da comunidade educativa, e especialmente das ANPAs, que só procuraban garantir un inicio de curso nas mellores condicións e coas máximas garantías sanitarias”. Igrexas lembrou que o Delegado “mentiu escandalosamente” días atrás cando asegurou ter atinxido un acordo con Foanpas que non se producira.

“En lugar de descualificar a Foanpas e insultar as familias viguesas, o que debera facer o señor Pérez Ares é explicar porque dixo non unha e outra vez cando se lle pediron máis medios humanos e materiais, e que a Xunta asumise a súa responsabilidade, para poder iniciar o curso e poñer en marcha comedores e aulas matinais”, esixiu.

O portavoz municipal nacionalista demandou de maneira rotunda o relevo de Ares. “Agardamos que nas próximas horas a Consellaría de Educación comunique o seu cesamento, porque o Delegado converteuse en parte do problema e nun atranco para lograr solucións”, afirmou.

Desde a fronte nacionalista reiteran o seu “total apoio” a Foanpas e as súas “xustas reivindicacións”, e insisten en reclamar que a Xunta dialogue coa comunidade educativa para garantir as condicións necesarias para o inicio presencial do curso escolar. Condicións que para Igrexas “é claro que a día de hoxe non se dan pola irresponsabilidade da Xunta de Feixóo”.

Tel. 687 080 190


Comentarios