MAREA DE VIGO CRITICA QUE O GOBERNO LOCAL SE LIMITE A PROPOÑER PEQUENOS CAMBIOS NAS ORDENANZAS FISCAIS PARA O 2021 E NON ABRA A PORTA Á REDUCCIÓN DAS TAXAS QUE CUSTAN MÁIS Á VECIÑANZA.

|

Rubén Pérez: “Cando máis necesitamos modificar as ordenanzas que máis custan á veciñanza, como a do IBI, o lixo ou a auga, o Goberno local limítase a dar pequenos retoques nas ordenanzas para dar encaixe legal a determinadas actividades ligadas ao Nadal, eximíndoas ademais de pagar taxas”.


Marea de Vigo cualifica a proposta do Goberno local para as ordenanzas fiscais do 2021 como “cando menos curiosa e incoherente nesta situación, na que, derivada da crise sanitaria, estase vivindo xa unha crise económica que deixará un outono moi complicado para moitas familias e moitos negocios nesta cidade” segundo explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo.

“A proposta trasladada polo Goberno local non é nada ambiciosa, reducíndose esta á modificación unicamente de catro ordenanzas” matiza Rubén Pérez. “Non se abre a porta ás grandes modificacións económicas que poderían ser de axuda á maior parte das familias, e no seu lugar inclúense elementos singulares como as norias e atraccións de feira dentro dos epígrafes das taxas e aproveitamento da vía pública, para vir dicir que é unha actividade de interese municipal, e que non pagarán taxas dese modo” explica. “Semella que o Goberno local segue ubicado na insensatez navideña e non se da conta que as familias viguesas precisan accións económicas por parte do Goberno local de xeito inmediato, sendo útil que souberan que polo menos no ano que ven ían ter un aforro substancial nas taxas municipais” incide o voceiro.

Marea de Vigo critica que a proposta de modificación das ordenanzas non se formule ningunha modificación da ordenanza de bens inmobles, nin do imposto de rodaxe, do imposto das actividades económicas, ou das taxas de recollida de lixo. Así como que tampouco se considere que hai que revisar prezos públicos “tan importantes como o das escolas infantís”, ou mesmo implementar modificacións na ordenanza do taxi, tal e como propón o Grupo municpal, “artellando bonificacións para familias no uso deste transporte público como alternativa ao transporte público colectivo para grupos de risco” detalla Rubén Pérez.

Desde a Marea de Vigo tamén se critica duramente a falla de democracia ante esta nova proposta. “Chamamos a repensar a decisión de non abrir o proceso de modificación da totalidade das ordenanzas fiscais para a adaptación ás novas casuísticas da situación provocada pola COVID-19 – afirma Rubén Pérez -. Calquera modificación que os Grupos municipais queiramos facer sobre todas as ordenanzas que faltan na proposta do Goberno non se terán en conta por parte deste, xa que non se consideran a debate en ningún caso”.

Con respecto ao cambio tarifario da auga, Pérez enfatiza que “non queda suficientemente acreditado o motivo deste cambio no sistema de tarificación da auga, no que se pasan os custos variables aos custos fixos, toda vez que a a Lei que xustifica este cambio non obriga a facelo. Así como o concello decide investir en humanizacións, tamén pode facelo nas melloras do sistema de saneamento, sen ter a necesidade de trasladar o gasto a toda a cidadanía”.

Comentarios