A ÁREA SANITARIA DE VIGO HABILITA UN NOVO PUNTO COVID-AUTO NO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

|

Ante o incremento da demanda dos test PCR experimentado nas últimas semanas, a Área Sanitaria de Vigo adoptou a decisión de habilitar un novo Punto Covid-Auto no Hospital Álvaro Cunqueiro e reforzar así ao do Hospital do Meixoeiro. Este novo dispositivo para realizar a toma de mostras das probas PCR sen baixar do coche está emprazado na praza norte, a nivel da planta 2ª do Hospital.

Na mañá de hoxe levouse a cabo un programa piloto, a modo de ensaio xeral, para avaliar a idoneidade dese emprazamento. Así, foron citados 50 usuarios que achegáronse ao devandito Punto, onde un equipo de profesionais de enfermaría lles realizou a toma de mostras nasofarínxeas.

Unha vez validado este emprazamento, nos próximos días vanse introducir as melloras loxísticas e de estrutura necesarias -se instalará unha carpa- para garantir o correcto funcionamento deste novo dispositivo, polo que está previsto que o próximo luns inicie a súa actividade de xeito sistemático.

Estará operativo de luns a venres en horario de mañá e tarde e inicialmente será atendido por un equipo de 3 profesionais (2 enfermeiras e 1 Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermaría). Se calcula que realizarán 600 probas diarias aínda que existe amplo marxe da crecemento. Así, esta actividade virá a incrementar de xeito moi significativo a capacidade diagnostica do Covid19 na área de Vigo .

Este sistema de recollida de mostras funciona con indicación facultativa e con cita previa; isto é, o facultativo ten que prescribir a realización deste test no marco dos criterios establecidos nos protocolos.

Así, nos Covid-Auto cítanse a aqueles pacientes con sospeita clínica de padecer á enfermidade; aos contactos estreitos dos casos positivos ou ás persoas que van ser sometidas a unha intervención cirúrxica.


Auto1



Comentarios