O presidente da Xunta visitou hoxe o novo dispositivo e reuniuse cos responsables do proxecto para interesarse pola capacidade e potencialidade deste sistema

|

A ÁREA SANITARIA DE VIGO ESTREA O NOVO LABORATORIO DE MICROBIOLOXÍA PARA O SISTEMA ‘POOLING’ DE CRIBADO DA COVID-19

  • Esta semana remataron as obras de ampliación da estrutura, co obxecto de integrar nunha mesma sala todo o equipamento robótico
  • O chequeo periódico a través do ‘Pooling’ xa está sendo desenvolvido cos profesionais dalgunhas áreas máis críticas do hospital Álvaro Cunqueiro, cos usuarios e persoal das residencias sociosanitarias, e tamén iniciouse cos traballadores dos centros de saúde e de determinados sectores industriais
  •  A autotoma da mostra de saliva e o autorrexistro facilitan a realización do proceso


A Área Sanitaria de Vigo vén de poñer en funcionamento o novo laboratorio de Microbioloxía, a través do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, para o sistema do procesamento agrupado de mostras-Pooling no cribado da covid-19.

O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, realizou hoxe unha visita ás novas instalacións e mantivo unha xuntanza cos responsables deste proxecto para coñecer a capacidade diagnóstica actual da nova estrutura e as súas potencialidades.

Neste encontro estiveron presentes o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente; a directora da Fundación Sanitaria Galicia Sur, Beatriz Gil de Araújo; o enxeñeiro da Escola Superior de Enxeñaría de Vigo e ideólogo do proxecto, Jacobo Porteiro; e o xefe de Microbioloxía, Benito Regueiro, xunto con outros microbiólogos do servizo.

Equipos robóticos integrados

O actual laboratorio do sistema Pooling, cuxas obras remataron esta semana, permite integrar nun único dispositivo todos os equipos robóticos deste procedemento, xa que ata agora o módulo preanalítico estaba situado nunha sala diferente, o que dificultaba o proceso. Por outra banda, o novo laboratorio foi emprazado nun lugar de maior accesibilidade, o que facilitará e mellorará a entrada das mostras para procesar.

Este sistema está conformado por diferentes equipamentos: un módulo preanalítico que destapona, clasifica e rexistra a entrada da mostra, e garante que cumpra as condicións para analizar; 2 robots pipeteadores que actualmente agrupan 20 mostras nun mesmo tubo –un deles doado pola Fundación Amancio Ortega-; 2 equipos de extracción que preparan a mostra e realizan a PCR; e 3 módulos termocicladores que ofrecen o resultado final do pool.

200925 Pte Sanidade HAC DCS 02





Comentarios