A DELEGADA XUNTA EN VIGO MARTA FERNÁNDEZ -TAPIAS PIDE A CABALLERO QUE ABANDONE A CONFRONTACIÓN POLÍTICA E INTEGRE A VIGO NO TRANSPORTE METROPOLITANO

|

  • Marta Fernández-Tapias lamenta os cinco anos nos que os veciños de Vigo víronse privados das bonificacións e vantaxes que se están a aplicar no resto da cidades
  •  Defende que a natureza funcional do Plan de transporte metropolitano plasmada xuridicamente no convenio formalizado cos 12 concellos da área territorial
  •  Insiste en que, tras o pronunciamento da xustiza, agora tócalle ao alcalde vigués asumir que debe adherirse a este programa e deixar de prexudicar aos veciños





- A delegada Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, volveu a invitar hoxe ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a sumarse ao Plan do transporte metropolitano, tras o pronunciamento da xustiza neste sentido. Segundo dixo, é hora de zanxar este tema: “Tócalle asumir que debe adherirse ao programa e deixar de prexudicar aos veciños de Vigo”.

A este respecto, a representante autonómica lamentou os cinco anos perdidos nos que os vigueses víronse privados das bonificacións e vantaxes que se están a aplicar no resto das cidades galegas. Así, instouno a deixar a un lado a confrontación política, deixar de buscar escusas e adherirse.

En canto as dúbidas xeradas polas declaracións do munícipe, quen chegou a cuestionar a súa validez, a letrada defendeu a natureza funcional do Plan plasmada xuridicamente no convenio formalizado cos 12 concellos da área territorial. “O Plan do transporte metropolitano é o nome polo que se coñece ao conxunto de programas con valor xurídico desenvolvidos nas distintas área metropolitanas de Galicia con convenios específicos”, sinalou taxante.

“A xustiza falou e agora tócalle actuar a Caballero”, aseverou, antes de recordar que a existencia deste Plan fixo posible que ao longo dos últimos cinco anos se materializasen bonificacións no uso do transporte público interurbano da área de Vigo por importe de máis de 7 millóns de euros, con máis de 86.000 persoas persoas titulares dalgúns dos dispositivos de pago asociados (tarxeta TMG ou Tarxeta Xente Nova).

Cómpre lembrar que a existencia do Plan de transporte metropolitano está recollida en diferentes disposicións normativas, como referencia ao conxunto programas que materializan esa realidade, tales como as ordes polas que se regulan as tarifas das concesións de transporte, o plan de modernización das concesións, ou a propia Lei

10/2016, do 19 de xullo, de medidas urxentes para a racionalización do sistema de transporte público de Galicia.

Comentarios