A.V. DE TEIS, DENUNCIA QUE O MINISTERIO, NON VAI MELLORAR OS PASOS ELEVADOS SOBRE A AP-9 EN TEIS.

|

Desde a Asociación Veciñal de Teis, dirixímonos por escrito o pasado 23/07/2020, ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, solicitando a mellora dos pasos elevados sobre a AP-9 en Teis, especialmente os pasos elevados sobre o camiño da Xorxa e da Trapa.

Desde xaneiro de 2019, xa enviamos tres escritos ao Ministerio, con esta revindicación, a cal só contestaron a esta última. Neste resposta a Demarcación de Estradas do Estado en Galiza, na que non fan ningunha referencia a mellorar estes pasos elevados que carecen de mantemento e teiman en sinalar que os pasos elevados de Xorxa e a Trapa, son pasarelas peonís.

Temos que lembrar que xaneiro de 2019, diante da intención de impedir o paso de vehículos, sobre os pasos elevados nos camiños da Xorxa e da Trapa, provocou a convocatoria de concentracións. A mobilización veciñal conseguiu daquela estes pasos sigan abertos, permitindo o paso de peóns e vehículos.

Estes pasos elevados sobre a autoestrada no camiño da Xorxa e da Trapa, construíronse fai 40 anos para impedir a incomunicación neste lugares de Teis e permitir o paso de peóns e vehículos, así acordouse con “ Autopistas del Atlántico” e co Ministerio no ano 1979. Desde entón usáronse sen ningún problema. Antes da existencia da autoestrada, estas vías xa tiñan os usos actuais.

Prohibir a circulación de vehículos por estes pasos elevados, suporía un gran prexuízo a veciñanza, ao incomunicar e impedir que podan chegar ambulancias ou vehículos de servizo as vivendas.

Nestes 40 anos o que puidemos comprobar é a falta de mantemento destes pasos elevados por parte da concesionaria da autoestrada.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, xa enviamos unha resposta a Demarcación de Estradas do Estado en Galiza, denunciando que non entendemos que desde o Ministerio, non se esixa a concesionaria mellorar estes pasos elevados, para aumentar a súa seguridade e a capacidade dos mesmos, pero teimase en falar de que son pasos peonís.

Tamén, queremos coñecer as xestións realizadas por Abel Caballero ,diante do Ministerio, pois en xaneiro de 2019, anunciou o envío dunha carta, para esixir a mellora destes pasos elevados e afirmou “ Non vou permitir que mutilen unha parte da cidade” .

Unha vez máis o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, ten unha actitude de só defender os intereses da concesionaria da autoestrada e discriminar a cidade: non hai nin un só metro de pantallas contra o rdo, non se produce a eliminación da peaxe Rande-Vigo, non hai nada da conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín, agora non queren mellorar os pasos elevados e pretende incomunicar lugares de Teis.

Por último, desde a A.V de Teis, convocaremos unha asemblea veciñal nós vindeiros días para valorar este escrito e medidas a tomar.

Comentarios