A.V. DE TEIS, CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MARTES 13 DE OUTUBRO ÁS 17:00 H, NO PASO ELEVADO DA XORXA.

|

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración este martes 13 de outubro ás 17:00 horas, no paso elevado da Xorxa, para esixir a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP-9 en Teis, diante do mal estado de conservación destes pasos e do desinterese do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, da concesionaria Audasa e da falta de xestión do Concello de Vigo.

Na última resposta da Demarcación de Estradas do Estado en Galiza, non fai ningunha referencia a mellorar os pasos elevados sobre a autoestrada AP-9 que carecen de mantemento e teiman en sinalar que os pasos elevados de Xorxa e a Trapa, son pasarelas peonís.

Temos que lembrar que xaneiro de 2019, diante da intención de impedir o paso de vehículos, sobre os pasos elevados nos camiños da Xorxa e da Trapa, provocou a convocatoria de concentracións. A mobilización veciñal conseguiu daquela estes pasos sigan abertos, permitindo o paso de peóns e vehículos.

Estes pasos elevados sobre a autoestrada no camiño da Xorxa e da Trapa, construíronse fai 40 anos para impedir a incomunicación neste lugares de Teis e permitir o paso de peóns e vehículos, así acordouse con “ Autopistas del Atlántico” e co Ministerio no ano 1979. Desde entón usáronse sen ningún problema. Antes da existencia da autoestrada, estas vías xa tiñan os usos actuais.

Prohibir a circulación de vehículos por estes pasos elevados, suporía un gran prexuízo a veciñanza, ao incomunicar e impedir que podan chegar ambulancias ou vehículos de servizo as vivendas.

Nestes 40 anos o que puidemos comprobar é a falta de mantemento destes pasos elevados por parte da concesionaria da autoestrada.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, xa enviamos unha resposta a Demarcación de Estradas do Estado en Galiza, denunciando que non entendemos que desde o Ministerio, non se esixa a concesionaria mellorar estes pasos elevados, para aumentar a súa seguridade e a capacidade dos mesmos, pero teimase en falar de que son pasos peonís.

Falta de xestións do goberno municipal de Vigo

Aínda que Abel Caballero, Alcalde de Vigo, en xaneiro de 2019, enviou unha carta, para esixir a mellora destes pasos elevados e afirmou “Non vou permitir que mutilen unha parte da cidade”. Despois de ano e medio. Cales foron as xestións do Alcalde de Vigo, diante do goberno central para resolver esta demanda veciñal ?. Nós témolo  moi claro ningunha.  

A discriminación da cidade, por parte do Ministerio

Unha vez máis o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, ten unha actitude de só defender os intereses da concesionaria da autoestrada e discriminar a cidade: non hai nin un só metro de pantallas contra o ruído, non se produciu a eliminación da peaxe Rande-Vigo, non hai nada da conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín, agora non queren mellorar os pasos elevados e pretende incomunicar lugares de Teis.

Por último, esiximos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e do Concello de Vigo solucións, que pasa pola mellora dos pasos elevados sobre a AP-9 en Teis, especialmente o da Xorxa e da Trapa, que permita con seguridade o paso de peóns e vehículos e que impida a incomunicación da veciñanza

TEIS



Comentarios