A.V. DE TEIS, CONVOCA UN ACTO O 28 DE OUTUBRO ÁS 10:30 HORAS NO CONCELLO, PARA ESIXIR A MELLORA DOS PASOS ELEVADOS SOBRE A AP-9.

|

A Asociación Veciñal de Teis, convoca un acto denuncia, mañá mércores 28 de outubro ás 10.30 horas, na praza do Rei, coincidindo coa celebración do pleno municipal, para esixir a mellora dos pasos elevados na autoestrada AP-9 en Teis, especialmente no camiño da Xorxa e da Trapa, debido a falta de mantemento dos mesmos.

Levamos anos esixindo ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana uns pasos elevados seguros na autoestrada AP-9, que impidan a incomunicación en Teis e queremos tamén denunciar as nulas xestións do goberno municipal de Vigo neste tema.

Comentarios