MAREA DE VIGO CONSIDERA UN BO MARCO DE PARTIDA OS ORZAMENTOS DO ESTADO PERO PRESENTARÁ PROPOSTAS DE EMENDAS AO TRÁMITE PARLAMENTARIO

|

Marea de Vigo pedirá un programa de axudas e promoción do comercio da cidade toda vez que esta partida nos orzamentos se incrementa un 150% así como partidas relacionadas co emprego.


Rubén Pérez valorou hoxe uns orzamentos que nos capítulos globais permitirán “que pague máis quen máis ten, coma o caso dos salarios por enriba dos 200.000 euros, así como a subida do imposto de sociedades, aumentando así a súa aportación para cubrir un escudo social”. “De media – matiza - as grandes empresas viguesas estaban aportando un 9% do imposto de sociedades co truco das bonificacións, agora establécese un mínimo legal do 15%”. “Especialmente importante é que o orzamento cumple o acordado coa eliminación do peaxe Vigo-Rendondela e a rebaixa de peaxes na AP9. Así mesmo, o acordo de limitación dos prezos dos alugueiros, tamén é unha nova que miles de vigueses e viguesas estaban agardando”apunta o voceiro.

O Grupo municipal da Marea de Vigo recoñece que o relevante do orzamento son todas as medidas de reforzo social, que significan un incremento do orzamento a 240.000 millóns de euros “que vai permitir tamén na nosa cidade ter acceso aos fondos europeos xa consignados (27.000 millóns de euros) sobre os que Marea de Vigo xa ten propostas concretas para a reactivación industrial e económica da cidade” engade o voceiro municipal. O incremento en 3.064 millóns de euros en sanidade (especialmente importante para completar cadros de persoal médico mediante MIR); ou os 1772 millóns de euros en vivenda e os 11.035 millóns en políticas verdes. “Pedimos - reclamou Rubén Pérez- un consenso de cidade para que Vigo participe en xusta medida nesta gran cantidade de recursos económicos que nunca estiveron presentes en exercicio orzamentario algún”.

Para a Marea de Vigo é positivo “deixar de consignar a maior parte do capítulo de investimentos ao AVE (durante 20 anos apenas executouse esa partida nun 25% de media) e deitar eses recursos a investimentos reais e de necesidade social urxente, xa que neste orzamento os investimentos pasan de 515 millóns de euros a 755 e os recursos para o AVE de 411 a 62, con execucións casi ridículas nos orzamentos anteriores. (Os investimentos na provincia de Pontevedra, pasan dos 151 millóns de euros en 2018, último orzamento aprobado, aos 205 do actual).

En canto aos investimentos locais, Marea de Vigo xa está preparando unha batería de emendas ao proxecto orzamentario en consonancia co reclamado durante os últimos anos para Vigo. “Consideramos que, a pesar de irse concretando temas esenciais como a saída sur ferroviaria (por primeira vez con partida orzamentaria con estudo de proxecto) seguimos co proxecto irrealizable pero non emendado da variante de Cerdedo, polo que emplazaremos ao Ministerio a buscar alternativas reais e urxentes para conectar Vigo coa alta velocidade antes de 2023” engade Rubén Pérez.

En concreto, desde Marea de Vigo se reclamará a inclusión de:

  • Dotación de 100.000 euros do Ministerio de Cultura á Fundación M.A.R.C.O. De Vigo toda vez que a partida vai ter un incremento notable no tocamente a Dirección Xeral de Belas artes e Patrimonio Cultural no capítulo de museos.
  • Incremento en 1.000.000 do Plan Estatal de Vivenda para cumplir os compromisos do Plan Estatal de Vivenda 2009-2012 que permitiron subsidiar axudas a compradores de vivenda en barrios como o de Navia e que cuxa eliminación significou incrementos nas hipotecas de moitas familias do barrio.
  • 50.000 euros para a redacción proxecto para dotar dunha pantalla vexetal a EDAR do Lagares toda vez que o proxecto constructivo foi feito polo estado e non foi completada esta actuación.
  • 1.000.000 para o proxecto e inicio xa inmediato do soterramento da VG-20 ao seu paso por Navia.

Comentarios