COMUNICADO CONJUNTO DE LOS SINDICALES DEL AYUNTAMIENTO EN RESPUESTA A LAS MANIFESTACIONES REALIZADAS POR FONT EN El PLENO

|

Ante as declaracións públicas recentemente realizadas polo Concelleiro municipal Sr. D. Carlos López Font ante os medios de comunicación, e onde se verteron, por parte dese corporativo, duros e indignos ataques contra os sindicatos municipais, resulta obrigado ofrecerlle unha resposta conxunta e proporcional a esas manifestacións. Ante todo, debemos iniciar este comunicado cunha seria consideración de partida. Resulta de todo punto mendaz afirmar, como fixo vostede, que o “o problema radica na parte sindical” (referíndose ás nosas discrepancias coa xestión organizativa do seu goberno), e que ademais achaca ás nosas “disputas e intransixencias”. Derivación de responsabilidade que vostede concretou, acto seguido, na <> da xuntanza solicitada polo Comité de empresa co Señor Alcalde. Sr. López Font, o Comité de empresa leva meses, xa dende principios de ano, solicitando unha xuntanza co Alcalde de Vigo -máximo responsable da xestión dos recursos humanos deste Concello-, sen obter resposta ningunha pola súa parte xa que, ao parecer, os principais problemas que acaparaban a atención do noso rexedor municipal centrábanse na programación do lucerío do Nadal, e pouco mais. Sr. López Font, <> e mala fe e convocar, de improviso, reunións telemáticas da Mesa de negociación con menos de 24 horas de antelación - como fixo a Sra. Espinosa Mangana- e sen facilitarmos antes, aos axentes sindicais, os pertinentes medios ofimáticos para poder asistir a esas xuntanzas. Intransixencia é non atender a ningunha das lexítimas reivindicacións formuladas pola parte sindical ao longo destes anos. Intransixencia é ditar resolucións administrativas nulas de pleno dereito, co obxecto de restrinxir dereitos constitucionais dos funcionarios públicos, como son o dereito de folga, o dereito ao descanso e o dereito á saúde, tal e como aconteceu coas tristemente coñecidas resolucións ditadas por vostede e mais polo propio Alcalde de Vigo contra o persoal do servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento. Intransixencia é desatender olimpicamente os acordos do Pleno da corporación polos que se instou, ao seu goberno, a que acometese unha adecuación retributiva da Policía Local. Intransixencia é prepotencia é eludir, de forma consciente, os pronunciamentos contidos en distintas sentenzas xudiciais e proseguir coa aplicación de resolucións administrativas nulas de pleno Dereito. Porén, e non contento vostede, outrora sindicalista de pro, cos anteriores exabruptos vertidos ante os medios de comunicación, achácanos gratuitamente, aos membros do Comité, de “falta de dedicación”. Sr. Font, non sabemos se tal afirmación resposta a unha traizón do seu subconsciente (posiblemente propiciada pola lembranza da súa propia traxectoria como Concelleiro delegado de xestión municipal), ou se ten orixe noutra escura motivación. Pero o que si debemos dicirlle é que, con tal de que vostede ou a súa sucesora no cargo, lle dedicasen á xestión dos recursos humanos a décima parte do tempo e os esforzos invertidos pola parte sindical, a meirande parte das nosas lexítimas reivindicacións estarían solucionadas. Sen embargo, o único tempo que vostede semellou inverter nesa importante área da xestión municipal culminou co ditado de resolucións nulas de pleno Dereito, invalidadas polos órganos de xustiza. Tal circunstancia debera ser suficiente para que unha persoa do seu cargo e condición moderase, sequera por un elemental pudor, os seus comentarios. Dixo tamén vostede que convocaron reunións ás que non quixemos asistir. Pero, unha vez máis, debemos de lle refrescar a súa fráxil memoria. Non é que non quixéramos asistir, é simplemente que non puidemos asistir. Como lle anticipamos liñas arriba, convocáronse pola súa sucesora no cargo, despois de levar meses reclamando un proceso de negociación con infrutuoso éxito pola nosa parte, xuntanzas telemáticas intempestivas sen facilitarlle antes, ás seccións sindicais, os medios informáticos pertinentes. Dixo vostede que “todos os temas de negociación se están tratando”. Para desmentir esa absurda manifestación exculpatoria das responsabilidades políticas do seu goberno municipal, tan so nos basta con formularlle este reto intelectual. Díganos un só tema dos que conforman o decálogo de reivindicacións asinado conxuntamente por todos os sindicatos, UN SÓ, que fose atendido polo seu goberno. Señor Font, solucionar problemas non é reunirse, nin vinte nin trinta nin corenta veces cos axentes sindicais, xa que iso responde a unha simple obriga legal, ademais de constituír unha elemental cortesía institucional. Solucionar problemas organizativos comporta acadar respostas efectivas por parte da administración, sempre baixo o principio de lealdade e de compromiso institucional, e facelo ademais dentro do marco legal e constitucional vixente. O contrario, é dicir, emitir resolucións á marxe do ordenamento xurídico (tal e como pretendeu vostede co seu ilegal decreto polo que acordou suspender os descansos regulamentarios a un colectivo de funcionarios), é calquera cousa menos solucionar problemas. Por último, e no que atinxe ao “corpo estraño corrosivo” que vostede di existir dentro do Comité, ademais de constituír a súa afirmación un desprezable insulto a todo este Comité, supón unha manifestación inxuriosa que non vai precisamente inspirada pola valentía. Sr. Font, o cese da Sra. Espinosa Mangana, lembrámoslle, foi solicitada POR TODAS AS FORZAS SINDICAIS, de común acordo, e non por ningún <>. Os membros do comité do Concello de Vigo nin somos <>, nin somos <> nin somos <>. Somos lexítimos representantes dos traballadores, que asumimos o encargo conferido por un mandato representativo, ao igual que o está a facer agora vostede como político. Pero, ademais, somos servidores públicos que accedemos á función pública a través dun proceso selectivo de pública concorrencia baseado no mérito e na capacidade. Os únicos <> que poden existir dentro do organigrama dunha administración pública serán aquelas autoridades que desprezan os procesos democráticos de representatividade sindical, que vulneran o ordenamento xurídico, emiten resolucións nulas de pleno Dereito e desoen os mandatos das sentenzas xudiciais. E como colofón final, unha última reflexión, Sr. Font. O único que estamos a requirir do Sr. Alcalde é que adopte coa Sra. Espinosa Mangana a mesma solución expeditiva que adoptou, no seu día, con vostede, cando lle retirou primeiro as súas responsabilidades e competencias delegadas en materia de recursos humanos e, despois, en materia de seguridade. Decisión que adoptou o seu superior político, supoñemos, non precisamente pola súa exitosa xestión nesas áreas de xestión. E pode ter a absoluta certeza que, de non terse adoptado o seu cese, de motu proprio, polo Sr. Alcalde, solicitariámolo nos, aínda que seguísemos discrepando co recambio elixido. 

Comentarios