A.V. DE TEIS, DENUNCIA UN AFUNDIMENTO NA RÚA ARNELA, DESDE HAI 4 MESES.

|

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar que un afundimento na rúa Arnela a altura do número 33, leva xa 4 meses, sen que a concellaría de Fomento, actuara para reparalo.

O afundimento nesta rúa produciuse a comezos do mes de xullo, e está sinalizado polo que o Concello ten coñecemento do mesmo desde hai meses. Está Asociación, tamén dirixiuse por escrito o pasado 27 de agosto e por teléfono, denunciando este afundimento.

A isto, engadir que a veciñanza ten realizado reiteradas chamadas ao Concello, denunciando este feito, sen ter a día hoxe unha solución.

Non é a primeira vez, que afundimentos ou fochancas levan meses para logo repararse por parte do Concello, aínda que haxa denuncias no Concello por escrito ou por teléfono.

Desde a Asociación, consideramos que existe unha falta de planificación, seguimento e un grave problema de xestión deste goberno municipal. Que anuncia grandes investimentos, pero logo non son capaces de dar repostas ao problemas diarios nos barrios e parroquias.


Foto afundimento Arnela 33


Foto afundimento Arnela




Comentarios