El conselleiro de Sanidad, Julio García , el ministro de Sanidad, Salvador Isla, y el alcalde, Abel Caballero, visitan el Laboratorio de Microbiología del Hospital Álvaro Cunqueiro.

|

-O ministro de Sanidade, Salvador Illa, visitou hoxe o Hospital Álvaro Cunqueiro, e coñeceu, de primeiro man, as medidas que se tomaron onte na nosa comunidade autónoma para conter a covid-19, medidas ás que deu todo o seu apoio, así como a aquelas outras tomadas en anteriores semanas, das que tamén tivo a información correspondente.

O ministro e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañados polo delegado do goberno, Javier Losada; o alcalde de Vigo; Abel Caballero; e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; visitaron a área de diagnóstico do Hospital Álvaro Cunqueiro, concretamente a de cribado poboacional, na que o hospital está a facer o cribado entre traballadores sanitarios, sociosanitarios e outros sectores socioeconómicos da área. En concreto, o ministro comprobou o funcionamento do sistema de muestreo a través de mostra de saliva e outro rexistro, utilizando o pooling e a PCR final.

García Comesaña trasladoulle ao ministro detalles deste proceso, que estes días está a recibir a segunda tanda dos traballadores das residencias sociosanitarias. En concreto, trátase de 15.000 mostras que cada 15 días chegan ao hospital nun tempo moi curto de 2 días, procesando moi rápido e permitindo establecer que unha residencia está libre de covid ou, no seu defecto, detectando un traballador que ten un valor prepositivo que, posteriormente, se procesa no laboratorio e, deste xeito, poder frear unha cadea de transmisión nunha residencia.

O conselleiro García Comesaña destacou a potencia, capacidade e innovación da área sanitaria de Vigo e por extensión de todo o Sergas, e agradeceu o traballo de todos os profesionais sanitarios.

Capacidade para procesar 100.000 mostras mensuais

A técnica pooling consiste en agrupar as mostras de 20 persoas diferentes e procesalas xuntas, como se fosen as dun solo individuo. Se o resultado do procesamento da mostra resultante é negativo, se infire que cada unha das mostras orixinais son tamén negativas, co que se aforraría o tempo e capacidade que conlevaría o estudo individual de cada unha das mostras orixinais.







Comentarios