CCOO denuncia el proceso de destrucción de los servicios públicos municipales que esta llevando acabo el gobierno de Abel Caballero

|

Dende a sección sindical de CCOO queremos denunciar, unha vez mais, o proceso de destrución progresivo dos servizos públicos municipais que o goberno municipal de D. Abel Ramón Caballero Álvarez está a provocar dentro desta institución. E proba do exposto é que, no proxecto de orzamentos municipais para 2021, prevese sufragar a suba retributiva do 0,9 % prevista polo Goberno da Nación para todos os traballadores e traballadoras municipais con cargo á dotación orzamentaria das prazas vacantes existentes no cadro de persoal, o que imposibilitará que moitas desas prazas poidan ser ofertadas na vindeira Oferta de Emprego de 2021. En definitiva, preténdese costear unha suba legal retributiva prevista polo Goberno da Nación con cargo ao emprego público, decisión que merece o noso mais profundo reproche sindical.

Enrique Alonso Rodríguez, Secretario da Sección Sindical de CCOO do Concello de Vigo.

Comentarios