A.V. DE TEIS, DENUNCIA QUE NA XUNTANZA ENTRE O ALCALDE E O SECRETARIO DE INFRAESTRUTURAS, NON HOUBO NINGÚN COMPROMISO SOBRE A AP9.

|

A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que na xuntanza mantida onte entre Abel Caballero, Alcalde de Vigo e Sergio Vázquez, secretario xeral de infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, non houbo ningún compromiso do goberno do Estado, en relación as reivindicacións sobre a autoestrada AP9: conversión en tramo urbano a autoestrada desde Torres de Padín ao centro da cidade, a colocación de pantallas acústicas ou a mellora dos pasos elevados na Xorxa e na Trapa.

Desde a Asociación, consideramos un escándalo que temas tan importantes para Teis e para a cidade, na xuntanza de onte non se conseguira ningún avanzo.

O Ministerio de Transporte foi incapaz de esixir a concesionaria a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP9 en Teis ou no seu defecto que asuma a mellora dos mesmos o propio Ministerio, a través dos orzamentos do Estado.

Debemos ter en conta, que si se cumpre o anuncio da eliminación da peaxe do tramo Redondela-Vigo, ten que abordase con urxencia a conversión en tramo urbano e polo tanto a mellora dos acesos a autoestrada AP9.

Agora Abel Caballero, cala sobre a autoestrada AP9, mentres goberna no Estado os seus. Noutros momentos era constante as comparecencias e declaracións reivindicando a mellora de acesos na autoestrada AP9.

Non é importante para Abel Caballero e o Ministerio a autoestrada AP9? Non lles importa que a veciñanza padece niveles insoportábeis de contaminación acústica? Que a veciñanza non teño pasos elevados seguros? Que Teis, padece un trafico elevado na rúa Sanjurjo Badia ou na Travesía de Vigo, por non existir acesos na autoestrada?.


Comentarios