Un ano máis un grupo de profesionais do CHUVI editaron o calendario solidario “Amanecer 2021

|

  • Os beneficios do calendario irán destinados á Asociación de Doantes de Órganos de Vigo, ADROVI


Un grupo de profesionais da Área Sanitaria de Vigo presentaron hoxe a cuarta edición do calendario solidario “Amanecer 2021”, que eles mesmos realizaron e, nalgúns casos, protagonizaron. Os beneficios do calendario irán destinados á Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo, ADROVI.

Este grupo, coordinado pola TCAE (Técnica de Coidados Auxiliares de Enfermaría), Carmen Pellitero, está composto por 25 traballadoras e traballadores de diferentes categorías profesionais, xa que ademais da enfermaría participaron celadores, azafatas, persoal de seguridade así como o facultativo e xefe de servizo de HADO, Luis Amador e o Coordinador de Transplantes, Lucas Lage.

Realizouse unha tirada inicial de 1.000 calendarios e a previsión é acadar 10.000 euros de recadación.

Fotografías sobre a pandemia

Este ano a temática do calendario versou sobre a pandemia da Covid-19, vista a través dos ollos dos propios profesionais da Área de Vigo, con fotografías realizadas polo propio persoal e algunhas cedidas polos servizos de fotografía dos medios de comunicación locais.

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, felicitou ao comité organizador por ter conseguido darlle continuidade a esta iniciativa nun ano de especial complexidade e dixo que “neste época é necesario este tipo de accións solidarias e comprometidas que manteñan a nosa esperanza, xa que hoxe máis que nunca confíamos nun Amencer 2021, con novos días gañados ao virus e a enfermidade

IMG 9923



Comentarios