MAREA DE VIGO DEFENDERÁ NO PLENO DE MAÑÁ A NECESIDADE DE INVESTIMENTO NA ECONOMÍA DA CIDADE COMO PRIORIDADE NO VINDEIRO ORZAMENTO.

|

Rubén Pérez: “Ante a falta de execución orzamentaria, que nos trae a novembro con máis de 40 millóns de euros sen executar, reafirmámonos na necesidade de volver a traer ao Pleno un proxecto orzamentario diferente para o ano 2021, no que as prioridades estean postas na recuperación económica da cidade”.



 Na rolda de prensa ofrecida esta mañá, Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo trasladou a postura do Grupo no debate plenario que terá lugar no día de mañá, tras ser rexeitada a súa emenda á totalidade ao proxecto orzamentario do Goberno local para o 2021. “Se nos recoñece a capacidade para que o concello invista nas axudas directas en política social, ou ao sector de comercio e hostaleria , tal e como solicitamos na nosa emenda, mais nesta ocasión admiten que non o van facer por unha cuestion politica, é dicir, de vontade”.

“Na liña dos pasados anos, o goberno de Abel Caballero estivo todo o ano enchendo os medios con anuncios de investimentos que nunca foron executados – afirmou o voceiro - como por exemplo coa cuestión da cubrición dos patios dos colexios públicos, que levan enchendo horas e páxinas dende hai anos e apenas se teñen executado”.

Na actualidade, o orzamento do 2020 ten máis de 40 millóns de euros sen executar, “gran parte dos investimentos anunciados no ano 2020 xa non se van levar a cabo, e eses recursos pasarán novamente ao superávit e de ai aos remanentes” incidiu o voceiro. “Isto xa non era aceptable sen crise da covid-19, mais na situación actual, é absolutamente irresponsable. Tendo opcións de axudar aos sectores máis perxudicados, este Goberno prefire persistir na falla de investimento e no xogo político de adxudicarlle á Xunta toda a responsabilidade” matizou.

O proxecto do PSOE vigués “non se parece en nada aos orzamentos que se están aprobando nos concellos do país, nos que as prioridades non son o gasto en obra pública máis do necesario”, tal e como está acontecendo en Vigo.

Pérez tamén fixo alusión a certas cuestións que serán discutidas no Pleno de mañá como “manter 2 millóns de euros para concertos ou 3 millóns para as liñas aéreas cando non hai garantía de cal vai ser a situación dentro de varios meses é outra irresponsabilidade, cando ademais si que sabemos como vai estar a economía local a principio de ano e cales son os sectores que máis precisan de investimento urxente” engadiu Rubén Pérez.


Do mesmo xeito, Marea de Vigo insta tamén ao Goberno local a “escoitar ao Consello Social da cidade”, celebrado nos pasados días, onde representantes do tecido económico, social, veciñal e sindical da cidade “insistiron na necesidade de investimento directo á economía viguesa”.

Comentarios