MAREA DE VIGO PIDE UNHA NOVA ETAPA NO PORTO DE VIGO NA QUE SE PRIORICEN USOS MEDIOAMBIENTALMENTE SOSTIBLES E O IMPULSO DO SECTOR NAVAL TRAS A DESASTROSA XESTIÓN DE LÓPEZ VEIGA

|

O grupo pedirá unha xuntanza ao novo presidente da Autoridade Portuaria para defender estas liñas de traballo como esenciais para a cidade.


Para Marea de Vigo, “dar continuidade a un proxecto de industria de construción naval, una Delimitación de Espazos e Usos Portuarios medioambientalmente sostible e rematar cos recheos na ría deberían ser eixes de importancia xunto coa reactivación da actividade portuaria” suliña Rubén Pérez, que considera que “López Veiga actuóu como lobbista de intereses particulares duns poucos fronte aos intereses de usuarios do porto, o persoal do mesmo e a propia cidade”.

Marea de Vigo considera que o novo presidente de Autoridade Portuaria “ten enriba a responsabilidade de decidir continuar co modelo que facía perder competitividade ao porto dun xeito máis que notable, de contínuo conflicto co sector da estiba e co comité de empresa, ou de emendalo e recolocar ao porto de Vigo en mellores números e nunha verdadeira resposanbilidade medioambiental” engade o voceiro.

Para a Marea de Vigo “é esencial redactar unha nova DEUP na que se definan correctamente os usos cun respecto aos aspectos ambientais, especialmente nun contexto fixado pola presión que existe relacionada co espazo”. Na actualidade, “estanse artellando recheos de dubidosa legalidade en Bouzas e no Molle de Comercio, cun un impacto ambiental tan decisivo para o futuro da ría que resulta inaceptable obviar calquera estudo ambiental existente. Esta é a senda de Lopez Veiga, e dende logo que esperamos que o novo presidente non continúe polo mesmo camiño” apunta Rubén Pérez.

Dende Marea de Vigo se seguirá defendendo que as actuacións na lámina de auga da ría e nas instalacións portuarias terán que ser “absolutamente coidadosas co medioambiente e co futuro productivo da ría”; polo que “recheos e demais actuacións son absolutamente perxudiciais e obrigan a repensar unha DEUP e un Plan Especial que sexan sostibles e que pensen no futuro en lugar do curtopracismo económico” conclúe o voceiro.

Comentarios