Rubén Pérez: “O incremento a 42 millóns de euros de canon de pago á concesionaria privada do Hospital Álvaro Cunqueiro é un lastre que se incrementa ano a ano e que condicionará o gasto sanitario en Vigo durante os próximos 20 anos”.
Marea de Vigo pide recuperar a partida do ano 2009 de 950.000 € para a construción dunha residencia de maiores, desaparecida cando se anunciou a construcción da de Teis con recursos económicos da Fundación Amancio Ortega.
O voceiro de Marea de Vigo no Concello, Rubén Pérez, considera que “é pouco entendible que teñamos uns orzamentos inferiores aos de 2009, últimos orzamentos presentados pola Xunta nun contexto semellante de crise e coa posibilidade de non ter en conta o teito de gasto que entraría en funcionamento cos criterios restrictivos no ano 2010”. Os orzamentos para 2021 “non só contan coa eliminación das regras fiscais, senón que contan con máis recursos do estado e con máis fondos europeos”, co que os 11.563 millóns de euros de gasto destas contas “é un importe non suficiente para abordar a grave situación económica e social que provoca a COVID-19” apunta.
No tocante a cidade de Vigo, Marea de Vigo cririca que “segue sen resolverse e clarificarse o futuro das instalacións da ETEA, consignando por enésima vez partidas sen un proxecto claro de que se quere facer coas instalacións o que devangará nunha inexecución de gran parte dos recursos” engade Rubén Pérez. O grupo pide á Xunta “un proceso ambicioso de urbanización dotacional e a conexión definitiva das antigas instalacións militares no barrio de Teis”.
Así mesmo, lembra ademais que “co anuncio de financiación da residencia por parte da Fundación Amancio Ortega, a partida pública para construír a residencia desapareceu nos Orzamentos de 2020”, polo que “pide o retorno da mesma para a construción dunha segunda residencia (esta con fondos 100x100 públicos) en Vigo”.
Con respecto a Sanidade, Rubén Pérez incide na situación do gasto sanitario, “vese afogado polos máis de 42 millóns de euros do cánon que paga o Sergas á concesionaria privada, un auténtido dispendio económico con lucrativo resultado para as construtoras privadas que xestionan o hospital” polo que Marea de Vigo volve a reclamar partidas “para a elaboración dun estudo serio e rigoroso para a recuperación da concesión e aforrar en sucesivos exercicios o pago do canon a empresas privadas e a centralización do gasto sanitario (sumando canon e investimentos superan os 63 millóns de euros actualmente) do Alvaro Cunqueiro no Sergas”.
Marea de Vigo considera tamén un grave erro “non clarificar o futuro do barrio vigués de Navia consignando unha partida para a construción dun novo IES no barrio” segundo apunta Rubén Pérez, toda vez que se presenta a proposta orzamentaria dun novo ies (50.000 €) pero empregando as instalacións xudiciais da rúa Lalín que quedarán baleiras cos traslado dos edificios xudiciais ao antigo Xeral. “Navia ten que ter un IES dentro do P.A.U., ou teremos o mesmo problema de saturación e zonificación incorrecta” engade.
Marea segue a demandar un segundo albergue público de persoas en situación de rúa que complemente o xa existente municipal, a previsión real de fondos orzamentarios a un plan de emerxencia habitacional para evitar que o programa Reconduce non conte actualmente con ningunha vivenda para as centos de familias en Vigo que nestes meses e no ano que ven van sufrir lanzamentos das súas vivendas, especialmente para evitar que as chamadas a este programa sexan “unha manifesta inutilidade”.
Marea de Vigo considera, tal e como expresara para o orzamento do 2020 que “a cidade de Vigo sigue enfrascada orzamentariamente nos mesmos fitos, moitas veces, lugares comúns que pasan de orzamento a orzamento sen execución real” polo que segue a demandar:
Comentarios