.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou esta mañá en rolda de prensa o conxunto de medidas acordadasna derradeira xuntanza do Comité clínico, de cara á celebración das vindeiras festas de Nadal. Así, sinalou que a recomendación principal da Xunta Galicia é que as xuntanzas das celebracións navideñas se cingan a unha única unidade familiar, composta exclusivamente por persoas conviventes.
García Comesaña puntualizou que no caso de non ser posible o cumprimento desta recomendación, o número máximo de unidades familiares aconsellado non debe exceder de dúas.
Por outra banda, no caso de reunirse persoas que pertencen a máis de dúas unidades familiares, o número de persoas adultas que se poden reunir, non poderá exceder da cifra de seis. Sobre este último apuntamento, o conselleiro precisou que os nenos e nenas menores de 10 anos non computarían na contabilización global.
O responsable da carteira sanitaria galega explicou que “é preciso limitar ao máximo as interaccións sociais durante os vindeiros días, co obxectivo de atallar a expansión do coronavirus na comunidade galega”, destacando que, Galicia permanecerá pechada entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro, agás no caso de visitar aos familiares os días de celebración do Nadal, ou por motivos laborais, sanitarios ou educativos.
No que atinxe á mobilidade nocturna e aos horarios de regreso ao domicilio, os días 24 e 31 de decembro, o grupo de expertos que asesora ao Executivo galego fixou ás 1:30 horas como límite para retorno ao foga
Comentarios