A DOUTORA REYES DÍAZ LAMBARRI, NOVA DIRECTORA DE ATENCIÓN PRIMARIA DA ÁREA DE DE VIGO

|

  • Desde hai máis de dous anos viña ocupando a subdirección de Atención Primaria da Área viguesa
  • Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria toda a súa carreira está ligada á Atención primaria, polo que ten unha gran experiencia no funcionamento dos centros de saúde e PACs da área viguesa


A doutora Reyes Díaz Lambarri ven de ser nomeada directora de Atención Primaria da Área sanitaria de Vigo. A nova directora, que viña ocupando esa mesma subdirección, substitúe a doutora Elena Lorenzo, que cesou no seu cargo a petición propia.

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Cantabria, cursou a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria na Área de Vigo, concretamente no Hospital do Meixoeiro e no centro de saúde de Sárdoma.

Tras pasar pola base medicalizada do 061 en Ourense, toda a súa carreira está ligada á Atención primaria na área sanitaria de Vigo, polo que ten unha gran experiencia no funcionamento dos centros de saúde e PACs desta área.

En concreto, exerceu como médico de familia no centro de saúde de Rosalía de Castro e no Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo. Desde hai máis de dous anos a doutora Díaz Lambarri viña ocupando a subdirección de Atención primaria na area viguesa.


IMG 0745



Comentarios