MARTA FERNÁNDEZ-TAPIAS INAUGURA COA ILUMINACIÓN DA CONCATEDRAL DE VIGO O PROXECTO “ACENDE O XACOBEO”

|

  • Esta iniciativa inclúe a iluminación de 42 edificios emblemáticos en concellos galegos polos que pasa o Camiño de Santiago e noutros 50 doutras 10 comunidades autónomas
  • A iluminación na Comunidade galega levarase a cabo dende hoxe e ata o 31 de decembro en tres fases co acendido dos edificios máis singulares de cor azul, co logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela







A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias inaugurou hoxe coa iluminación da Concatedral o proxecto “Acende o Xacobeo”, que inclúe a iluminación de 92 monumentos singulares de toda España como conta atrás do inicio do Ano Santo o día 31 de decembro coa apertura da Porta Santa.

No caso do Camiño Portugués da Costa, na área territorial de Vigo súmase o Albergue Casa da Torre no municipio de Pontevedra que tamén lucirá iluminado a partir deste martes.

Trátase de 42 monumentos representativos das diferentes rutas do Camiño de Santiago que pasan pola comunidade galega, aos que se suman 50 doutras 10 autonomías que colaboran na iniciativa.

A iluminación nos concellos galegos levarase a cabo en tres fases –desde hoxe ao 25 de decembro, do 26 ao 28 e do 29 ao 31- e de forma secuencial a través das distintas etapas das rutas xacobeas ata chegar á Catedral de Santiago evocando o percorrido que realizan os peregrinos. Así, os monumentos escollidos para cada fase iluminaranse de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela.

Ademais, na Torre do Reloxo da Catedral, coñecida como A Berenguela, proxectarase durante o período un vídeo de animación que tamén recreará a peregrinación a Compostela.

Á iniciativa sumáronse 10 comunidades autónomas –Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia e Navarra- iluminando outros 50 monumentos, moitos deles vinculados ao Camiño de Santiago. Castela e León seguirá a mesma secuencia por fases que a comunidade galega e no

resto de autonomías o acendido realizarase o 31 de decembro. No caso de Madrid, as iluminacións na glorieta de Atocha e no distrito de Fuencarral co logo do Xacobeo 2021 en gran formato estarán presentes durante todo o Nadal.

*Detalle das diferentes fases de iluminación:

FASE 1 (do 22 ao 25 de decembro)

Camiño Concello Localización

Camiño de Inverno O Barco de Valdeorras Concello do Barco de Valdeorras

Camiño Francés Pedrafita do Cebreiro Igrexa de Santa María A Real do Cebreiro

Camiño Francés Portomarín Igrexa de San Nicolás de Portomarín

Camiño Inglés A Coruña Torre de Hércules

Camiño Inglés Ferrol Teatro Jofre

Camiño Norte Lourenzá Monasterio Benedictino de San Salvador

Camiño Norte Ribadeo Igrexa Parroquial de Sta. María do Campo

Camiño Portugués Tui Catedral de Santa María de Tui

Camiño Portugués da Costa A Guarda Torre do Reló. Concello de A Guarda

Camiño Portugués da Costa Redondela Albergue Casa da Torre

Camiño Portugués da Costa Vigo Concatedral de Santa María

Camiño Primitivo Castroverde Igrexa de Santiago Apóstolo

Camiño Primitivo A Fonsagrada Igrexa de Santa María

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla Cambados Pazo de Fefiñáns

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla Rianxo Igrexa de Santa Columba

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla Vilagarcía de Arousa Pazo de Vistalegre

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla Vilanova de Arousa Igrexa de San Cibran

Vía da Prata A Gudiña Igrexa de San Martiño da Gudiña

Vía da Prata Monterrei Parador Castelo de Monterrei

Vía da Prata Xunqueira de Ambía Colexiata de Santa María

FASE 2 (do 26 ao 28 de decembro)

Camiño Concello Localización

Camiño de Inverno Chantada Casa de Lemos (Casa da Cultura)

Camiño de Inverno Monforte de Lemos Torre da Homenaxe

Camiño de Inverno e Vía da Prata Lalín Igrexa de Santa María das Dores

Camiño Fisterra Muxía Ames Capela de Santa Maria Madalena

Camiño Francés Melide Iglexa de San Pedro de Melide

Camiño Francés Sarria Igrexa Santa Mariña

Camiño Inglés Betanzos Igrexa de Santiago

Camiño Inglés Pontedeume Torreón dos Andrade

Camiño Norte Mondoñedo Catedral de Mondoñedo

Camiño Norte Vilalba Parador de Vilalba

Camiño Portugués Caldas de Reis Igrexa de Santo Tomé Becket

Camiño Portugués Padrón Igrexa de Santiago Apóstolo

Camiño Portugués Pontevedra Igrexa de San Francisco

Camiño Primitivo Lugo Catedral de Lugo

Vía da Prata Ourense Catedral de Ourense

Vía da Prata San Cristovo de Cea Torre do Reloxo

FASE 3 (do 29 ao 31 de decembro)

Camiño Concello Localización

Camiño Fisterra Muxía Fisterra Faro de Fisterra

Camiño Fisterra Muxía Muxía Santuario Virxe da Barca

Santiago de Compostela Santiago de Compostela Igrexa de San Bieito do Campo

Santiago de Compostela Santiago de Compostela San Caetano

Santiago de Compostela Santiago de Compostela Catedral (Torre do reloxo)

Santiago de Compostela Santiago de Compostela Torres Hejduk

Comentarios