El concello dice que el “desbordamiento” de la centralita de la Policía Local dé Vigo es rotundamente falsa

|

Respecto dalgunhas informacións que recollen que a Policía Local de Vigo viuse “desbordada” no día de Noiteboa debido a centos de chamadas na súa centralita (entre ás 12,00 h e as 15,00 h), hai que aclarar que nese espazo temporal a Policía Local só recibiu unha chamada, rexistrada ás 13,07 h. A información sobre o suposto “desbordamento” da centralita da Policía Local é, por tanto, rotundamente falsa. Responde a datos facilitados por unha persoa que transmite permanentemente calumnias e mentiras e non é a primeira vez que o fai. Desde o Concello de Vigo non imos consentir mentiras e calumnias sobre un servizo municipal extraordinario como é o da Policía Local que está a facer unha labor encomiable nun momento de tanta dificultade como o que estamos a atravesar. Durante a tarde do 24 de decembro, recibíronse un número de chamadas illadas nunha unha cifra moi similar á que se reciben a diario por denuncias de particulares por Covid. No Casco Vello -principalmente na rúa Chao, Princesa e Praza da Colexiata – entre ás 18 e ás 19,00 h -houbo afluencia de xente que estaba distribuída en pequenos grupos individuais que maioritariamente cumprían a normativa de número de persoas, máscaras e distancia social. Denunciouse a 5 persoas (3 por incumprir distancia e 2 por consumir bebidas na rúa). Estas inspeccións forman parte das actuacións de control habituais da Policía Local, labores que se estenden a outras moitas zonas da cidade como mercados, centros comerciais ou zonas peonís.

Comentarios