A.V. DE TEIS, CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN ESTE 30 DE DECEMBRO ÁS 10:00 H, NO CONCELLO

|

A Asociación Veciñal de Teis,  convoca unha nova concentración mañá 30 de decembro ás 10:00 horas, no Concello, coincidindo coa celebración do pleno municipal do mes de decembro, para reivindicar das administracións implicadas a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP9 en Teis, en concreto os pasos dos camiños da Xorxa e da Trapa.   

Como xa fixemos público onte, o  pasado 23 de decembro, solicitou por escrito a intervención dun representante da asociación no pleno municipal do vindeiro 30 de decembro, para expor a demanda da mellora dos pasos elevados na autoestrada AP9 en Teis, en concreto os pasos sobre os camiños da Xorxa e da Trapa, como así recolle  o regulamento orgánico do pleno, no  seu artigo 54.

A decisión de solicitar a intervención  no pleno por parte da asociación, débese a que levamos meses reivindicando a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP9, por parte das diferentes administracións, sen ter aínda unha solución.

Até o de agora, non recibimos ningunha resposta desde o Concello a nosa solicitude de intervención no pleno ordinario de mañá, no caso de  que non se permita, daremos lectura da intervención prevista no pleno ás 10:30 horas, na praza do Concello.






Comentarios