A XUNTA ADMINISTROU O 65% DAS VACINAS DA PRIMEIRA REMESA ENVIADA POLO GOBERNO CENTRAL

|

  • A Consellería de Sanidade confirma a vacinación, na primeira semana, de máis de 12.000 persoas de 152 centros sociosanitarios
  • A previsión é rematar a vacinación da primeira dose a mediados deste de xaneiro
  • Hoxe martes está previsto vacinar a 4.715 persoas máis
  • A Consellería de Sanidade mantén, polo de agora, unha reserva dun tercio das vacinas por si se produce unha rotura do stock, para garantir a administración da segunda dose


A Xunta de Galicia vacinou, ata o de onte, coas primeiras 18.500 doses, a algo máis de 12.000 persoas de 152 centros sociosanitarios, cumprindo o plan elaborado pola Consellería de Sanidade, segundo o cal, cada semana vacinaranse arredor de 12.200 persoas, aínda que non se descarta vacinar a mais, se se garante a chegada compremetida polo Ministerio de Sanidade.

Ata o de agora, a Xunta recibíu 37.500 doses, das que 18.550 pertencen a última remesa que chegou o pasado luns, día 4 de xaneiro. Hoxe martes está previsto vacinar a 4.715 persoas máis.

A previsión é rematar a vacinación da primeira dose a mediados deste mes de xaneiro.

O departamento sanitario galego mantén, polo de agora, unha reserva dun tercio das vacinas por si se produce unha rotura do stock, para garantir a administración da segunda dose.

O Servizo Galego de Saúde quere agradecer o excelente traballo dos equipos de vacinación. Persoal de enfermería que están a traballar cunha gran profesionalidade e unha actitude impecable.

Comentarios