MAREAVIGO DILLE A CABALLERO QUE DEIXE DE EXERCER DE “POLÍTICO TRUMPISTA AVANTAXADO” E EN VEZ DE RESPONDER CON SOFLAMAS “ANTICOMUNISTAS”, CONSPIRANOICAS” E DESCALIFICACIÓNS, RESPONDA COMO UN ADULTO AS CUESTIÓNS PRÓRROGA DA AUGA

|

Rubén Pérez: “Ultimamente, as roldas de prensa do alcalde xa semellan entrar dentro da diagnóse clínica máis que da politica, e o máis lamentable é que no ano 2021 entramos coa prórroga das dúas grandes concesionarias e dos servizos públicos máis onerosos para a poboación como son o transporte e o abastecemento e saneamento de auga, ambos temas sobre os que Abel Caballero banaliza sen pudor”.


Marea de Vigo critica que o Goberno de Abel Caballero “nin deu explicacións” de cando se vai a elaborar o informe de contestación das alegacións presentadas por colectivos sociais da cidade, e “nin aclarou” porque a modificación tarifaria da auga que incrementa en máis de 20 euros os custos fixos da tarifa e que se argumentaba con 100 millóns de investimentos “necesarios e urxentes” está agora completada con outros 40 millóns “pero esta vez para xustificar a nova ampliación concesional de 5 anos” segundo apunta Rubén Pérez, voceiro do Grupo.

Para o cambio tarifario, sobre o que o propio concello recoñece para 2021 os mesmos ingresos (29 millóns de euros) que os anos anteriores, arguméntase a urxencia de investimentos a pesar de que aparecen outros investimentos ligados á concesión “que nin sabemos se son os mesmos ou se Aqualia rematou as prometidas melloras na rede dentro da actual ampliación. Quen non da explicacións e descualifica sempre é porque oculta algo” matiza o voceiro.

Marea de Vigo afirma que “dicir que o que sube a tarifa é o canon da agua que pagamos todos os vigueses e viguesas é un insulto á intelixencia. Só hai que darlle a volta a factura para saber que se paga de canon autonómico e que se paga por canon fixo de explotación do servizo e por abastecemento, saneamento e uso de alcantarillado”. “Coa mesma estratexia de Donald Trump, Abel Caballero aférrase ao inimigo sempiterno da cidade, que é o presidente da Xunta que vale para todo: política trumpista de libro” incide Pérez.

Marea de Vigo foi clara dende o inicio da lexislatura na identificación dos retos máis importantes que tiña o Goberno local por diante: o fin das concesións de auga e de transporte. “Dixemos que prorrogalas sería perder unha oportunidade de adaptar prezos e servizos ao século XXI, evitando seguir con contratos artellados a mediados dos anos 90 nun momento no que a extensión das concesións e o modelo ligado a investimentos lastraba o cálculo de prezos, impedindo aplicar políticas como bonificacións cidadás a colectivos vulnerables, tarifas de transporte gratuíto para desempregados, consumos nínimos exentos de pago na auga como funcionan en moitas capitais do estado e europa, bonos mensuais ou anuais de transporte, etc..

Na mesma liña, Marea de Vigo reproba as palabras do alcalde con respecto á oposición veciñal ao túnel da Porta do Sol. “En vez de aclarar cuestións como estas sobre a concesión da auga, ou mesmo entender que hai unha forte contestación veciñal, de colectivos ecoloxistas e formacións políticas ao proxecto do túnel da Porta do Sol, Abel Caballero descualifica, e o que é mais grave, minte aos vigueses e viguesas sen pudor algún”

Comentarios