Ecoloxistas en Acción crea un mapa interactivo das árbores do Parque do Castro de Vigo

|


Mapa interactivo das árbores do Parque do Castro de Vigo
http://www.google.com/maps/d/viewer?mid=14wD8oLEijdjX-X9HrA-m5Se6DbLDMqM_&usp=sharing

ATT00007





  • Ecoloxistas en Acción crea un mapa interactivo das árbores do Parque do Castro de Vigo para mediante a ubicación e identificacións dos exemplares protexelos das tallas indiscriminadas.
  • O mapa recolle case 300 exemplares identificados, permite consultar os nomes das árbores do parque e localizar aqueles exemplares mais destacables e xenlleiros. A organización ecoloxista pretende así poñer en valor as árbores do parque mais urbano da cidade de Vigo.
  • Ecoloxistas en Acción pide a colaboración cidadana para completar o mapeo. Solicitan que se alguén detecta algún especimen sen ubicar lles sexa comunicado para incluilo no mapa

O parque urbano do Castro ten un elevadísimo valor ambiental pola súa  biodiversidade natural. Ademais ten unha gran importancia para a cidade polo valor paixasístico e os servizos ecosistémicos do conxunto árbóreo. O parque é a derradeira illa verde de suficiente tamaño para facer de "pulmón" o centro da cidade. Contén un amplo catálogo de especies de árbores ornamentais de gran valor ecolóxico, histórico e educativo. Por iso, o parque do Castro ten unha gran potencialidade como área para educación ambiental e achegamento dos cidadáns á fauna e flora.

Nos último ano realizáronse tallas de decenas de árbores dentro da execución do proxecto de iluminación da muralla e urbanización da fortaleza.  Moitas das tallas se executaron con criterios arbitrarios, obedecendo máis ben a cuestións persoais e estéticas. Esta eliminación persistente de exemplares semella ter unha clara finalidade de clarexo para ofrecer limpeza de horizontes. Esta discutida e controvertida actuación non parece realizarse con criterios paixasísticos e profesionais sólidos, xa que se tallan unhas árbores e outras non.

Así cercenáronse os principais carballos americanos de gran porte que estaban catalogados e sen embargo non se xestionan axeitadamente os piñeiros, moitos deles secos en pé ou defoliados pola procesionaria. Esta defoliación é debida a que as trampas prásticas para as eirugas non son limpadas e as árbores se someten a tratamentos de fumigación. Tamén elimináronse setos e arboriñas, cun claro impacto na abundancia de bolboretas. A diminución da biodiversidade é moi acusada e pon en risco o futuro do pulmón verde da cidade.

Ecoloxistas en Acción demanda ao Concello de Vigo que non continúe coas tallas arbitrarias e aplique criterios de sostibilidade, de preservación da biodiversidade urbana e de respecto á historia da cidade e aos usuarios do parque. 

Comentarios